Saltar ao contido

Templo Votivo do Mar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Templo Votivo do Mar
O Templo Votivo do Mar.
Datos xerais
PaísEspaña
TipoIgrexa parroquial
AdvocaciónSan Xoán Bautista
LocalizaciónPanxón (Nigrán)
Coordenadas42°08′44″N 8°49′24″O / 42.145667, -8.82331
Culto
CultoCatólico
DioceseTui-Vigo
Arquitectura
Construción1932-1937
Estilosen definición, con toques neogóticos, modernistas e de influencia mozárabe
editar datos en Wikidata ]

O Templo Votivo do Mar é un templo católico adicado a San Xoán Bautista, tamén coñecido como igrexa parroquial de San Xoán de Panxón. Situado na parroquia do mesmo nome pertencente ao concello de Nigrán.

Este edificio foi deseñado polo arquitecto galego Antonio Palacios Ramilo autor de obras como o Palacio de Comunicacións de Madrid, o Teatro García Barbón de Vigo (hoxe Centro Cultural Afundación Vigo) ou a Virxe da Rocha en Baiona. A súa construción tivo lugar entre 1932 e 1937.

Fachada e torre.

O edificio de granito, tivo como inspiración o arco visigodo do século VII próximo ao templo. A igrexa, malia a súa orixe, ten tinguiduras góticas, influencia musulmá e toques modernistas, pero sempre tentando plasma-la arte galega, e coa fin de brindar esta obra a tódalas xentes do mar. Feita en parte con materiais reciclados, posúe contrafortes, arcos superpostos que barutan a luz e crean perspectivas, celosías de formigón. A cúpula central de ladrillo, nervada, seguindo o modelo de Armenteira e todo iso fundido coa época do arquitecto, cromatismo nos mosaicos e noutros elementos metálicos.

Reflíctese a tradición da cantaría galega irmandada coa paisaxe e a historia de Galicia: o megalítico, a época castrexa, o prerrománico e románico, os mosteiros mendicantes, os pazos barrocos. A torre semella un faro, ou torre defensiva que no seu remate proxecta a rosa dos ventos cos catro anxos custodios.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]