Saltar ao contido

Televés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Televés S.A.
"European Technology Made in Europe"

Sede de Televés, Conxo.
TipoSociedade Anónima
Fundación1958
MatrizGrupo Televés
LocalizaciónRúa B. de Conxo, 17 15706 Conxo, Santiago de Compostela, (A Coruña) Galicia Galicia
FundadorRicardo Bescansa
Amador Beiras
José Gabriel Barreiro
Persoas claveRamón Bescansa
IndustriaTelecomunicacións
ProdutosElectrónica
Telecomunicacións
DVB
Beneficio177 millóns de euros (2016)[1]
Número de empregados757 (en todo o grupo)[2]
Na rede
http://www.televes.com
LinkedIn: televes Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Televés é unha empresa galega con sede en Conxo, Santiago de Compostela dedicada á investigación, deseño, fabricación e comercialización de equipos para a recepción e distribución do sinal de radio, televisión, telefonía, Internet e telecomunicacións. A empresa fundouse no ano 1958, cando a televisión en España acababa de comezar as súas emisións. Inicialmente, a empresa operou desde un pequeno obradoiro cun cadro de persoal de 10 traballadores.[3]. A facturación do seu primeiro ano foi de 400.000 pesetas[3].

En 2015, a Corporación Televés agrupa máis de 20 filiais cuns 700 traballadores, cunha cifra de vendas de 150 millóns de euros en 90 países, que procede nun 60% das vendas no estranxeiro[4]. Dende o ano 1995 forma parte do DVB, un consorcio internacional de empresas que crea e mantén un conxunto de estándares relacionados coa televisión dixital.[5] Televés é unha das tres empresas máis grandes do sector en Europa.[6]

As orixes de Televés están nunha viaxe a Lisboa de Ricardo Bescansa Martínez (1912-1986), licenciado en farmacia. Alí descubriu a televisión e soubo ver as súas posibilidades de negocio. En 1955 xunto con Amador Beiras axente comercial e Domingo Carrascal enxeñeiro industrial[7] iniciou probas con antenas na rúa Montero Ríos e tres anos despois fundan Televés en Santiago de Compostela[8].

Imaxe de marca

[editar | editar a fonte]
Logo orixinal Tres BBB.
Laranxa
Televés


RGB 255 163 0
HEX/HTML #FFA300
CMYK 0 41 100 0
Pantone 137

Nos anos 1950 o nome da empresa eran as iniciais dos apelidos dos tres fundadores da empresa, os tres empezaban por b. O nome da empresa era entón TresB. A nova dirección da empresa trocou ese nome por outro máis identificado co sector. Pasouse de Tresbés, un logo en forma de rombo con tres bes maiúsculas a Televés[9]. Televés utiliza dende 1972 como imaxe de marca a cor laranxa, Pantone 137.[10] Anteriormente a cor empregada pola empresa era a negra. Nos anos 1990 Televés empregou como logotipo as inicias "TV" nun círculo, en cor negra. Nos últimos anos, coa internacionalización da empresa, deixou de empregar o nome con acento gráfico, pasando a utilizar o nome Televes e a cor laranxa como elementos identificativos de marca. En novembro de 2013 Televés publicou o seu manual de imaxe corporativa fixando as normas para o uso da súa marca por terceiros[11].

Dende a súa fundación, Televés dirixiuse aos instaladores como os seus principais clientes mantendo unha activa política de formación e difusión dos seus produtos. De 2006 a 2010 impartíronse cursos de formación e asistencias técnicas a instaladores e clientes.[12]

No ano 2009 Televés puxo en marcha o HDTV Tour, unha iniciativa para achegar a televisión dixital. Dende entón contan con camións que percorren Europa organizando demostracións da tecnoloxía da empresa para os técnicos instaladores e distribuidores.[13]

HDTV Tour, camión nas instalacións de Televés en Conxo.

A gama de produtos de Televés inclúe tanto os produtos para facer instalacións de telecomunicacións, como o software para o deseño da instalación e a elaboración dos cálculos necesarios, así como os equipos de medida para os axustes e certificacións. Entre os produtos que a empresa fabrica destacan os seguintes:

  • Antenas: antenas de televisión DVB, antenas parabólicas satélite, torres e accesorios.
  • Amplificadores: derivadores, sintonizadores, tomas de televisión.
  • Cables: cable coaxial, cable de pares, UTP e fibra óptica.
  • Domótica: porteiros automáticos, seguridade, automatización de vivendas.
  • Medidores de campo.
  • Equipamento para fibra óptica: fusionadoras de fibra óptica, receptores ópticos.
  • Telefonía fixa: regretas de pares, ferramentas de instalación.
  • Iluminación led luminarias de interior e exterior.[14]
Antena parabólica multisatélite no MUNCYT.

Televés solicitou no período de anos que vai do 2000 ata o 2012 un total de 40 solicitudes de patentes e 19 modelos de utilidade. O 80% dos produtos que comercializaba Televés nese período foron desenvolvidos con tecnoloxía propia.[15]

Fitos da empresa

[editar | editar a fonte]

Dende 1958 Televés presentou os seus propios deseños baseados en I+D+i en tecnoloxía de telecomunicacións[16].

  • 1958, primeira patente da empresa[17].
  • 1960, antenas de duraluminio.
  • 1966, fabricación de amplificadores e distribuidores de TV.
  • 1970, primeiros circuítos impresos (PCB).
  • 1976, inicio das publicacións técnicas da empresa[18].
  • 1983, primeira empresa do sector en empregar tecnoloxía SMD (Surface Mount Technology)[19]. Uso de microprocesadores para son e vídeo.
  • 1985, patentes de TV por satélite empregando as instalacións colectivas de distribución SMATV.
  • 1988, primeira antena parabólica fixa capaz de sintonizar varios satélites.
  • 1991, lanzamento da antena Pro 45. A súa primeira antena electrónica en circuíto impreso.
  • 1995, a empresa asóciase a DVB.
  • 1999, primeiros procesadores de Televisión Dixital Terrestre.
  • 2004, software de deseño de instalacións de comunicacións en edificios e vivendas.
  • 2008, primeiro medidor de campo portable con procesado dixital para HD.
  • 2014, primeira empresa do sector en empregar a montaxe de compoñentes electrónicos DIE (compoñentes electrónicos sen encapsular)[20].
  • 2016, primeira empresa do sector en empregar tecnoloxía MMIC (Monolithic microwave integrated circuit)[21].

No ano 2000 Fagor Electrónica denunciou a Televés pola violación de varias patentes nas súas centrais amplificadoras Avant e Avant5. No ano 2010 pechouse o caso, resultando Televés absolto pola Audiencia Provincial da Coruña nunha sentenza ratificada polo Tribunal Supremo, polo Xulgado Mercantil nº 2 de Bilbao e pola Audiencia Provincial de Biscaia. A Corte Federal de Patentes de Alemaña tamén anulou unha das patentes concedidas a Fagor Electrónica.[22] Blu:sens foi denunciada por Televés e condenada en 2012 polo Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña pola elaboración e distribución dun catálogo en 2009 ao entender que infrinxía os dereitos de propiedade intelectual de Televés. Blu:sens tamén foi condenada ao pago de 123 euros de indemnización[23].

Empresas do Grupo Televés

[editar | editar a fonte]
Empresas do grupo Televés e as súas filiais no ano 2014.
Cartel de acceso a Tredess, Gsertel, Arantia, Assamblia e Televés en Conxo.

Dende a súa fundación, Televés integrou na súa organización todo o proceso produtivo creando un grupo de empresas colaboradoras que traballan tanto para a Corporación Televés como ofrecendo os seus servizos a outras empresas:[24]

  • Itelsis, fundada en 1989 (nas súas orixes chamada Intelsis) e adicada a servizos de telecomunicacións e que xa non ten vinculación co grupo.
  • Gainsa creada en 1976 para a xestión das redes, bases de datos, sistemas, aplicacións e software[25].
  • Gamelsa, fundada en 1984 e adicada á fabricación de compoñentes mecánicos.
  • ISF, fundada en 1989 e adicada á automatización de procesos produtivos e robotización de liñas de produción.
  • GCE, fundada en 1998 e adicada ao deseño e fabricación de circuítos impresos.
  • Arantia, desenvolvemento e implantación de plataformas IPTV, televisión dixital interactiva e voz sobre IP.
  • Assamblia, fabricación, reparación e instalación de equipos electrónicos.
  • Gsertel, fundada en 2001 e adicada á fabricación de equipamentos de test e medidas para telecomunicacións.
  • TRedess, fundada en 2003 e adicada á fabricación e instalación de redes inalámbricas.
  • Preisner, marca fundada en Alemaña en 1992 polos irmáns Jürgen e Klaus Preisner que foi mercada en 2007 por Televés e baixo a cal vendía os seus produtos para despois comezar a vender só empregando Televés como marca[26].
  • Ladetel, laboratorio homologado para a certificación de equipamento electrónico.

Instalacións

[editar | editar a fonte]

En Galicia, Televés ten fábrica en Santiago de Compostela e un centro loxístico en Sigüeiro, Oroso, inaugurado no ano 2006 e ampliado posteriormente. En Portugal conta con outra fábrica no concello de Maia, Televés Electrónica Portuguesa, Ltda. Ten delegacións comerciais en Madrid, Barcelona e Las Palmas. Parte da produción de Televés faise na China, como sistemas ópticos ou receptores ópticos.

Televés ten delegacións comerciais en Portugal, Francia, Italia, Alemaña, Emiratos Árabes Unidos, China (Shanghai), Estados Unidos, Polonia, Suecia e o Reino Unido.[27] En 2014 abriu delegación comercial en Rusia[28].

Organizacións ás que pertence Televés

[editar | editar a fonte]
Centro loxístico de Televés en Oroso.

Televés é membro numerario do proxecto Digital Video Broadcast (DVB) desde 1995 no desenvolvemento de tecnoloxía para a televisión dixital. A empresa participa noutras asociacións tecnoloxicas:

  • Digitag
  • Digital tv Group
  • DVB Digital Video Broadcasting
  • Dedom, Comité Español para a xestión técnica de edificios e vivendas
  • Asimelec
  • Drm
  • Aetic
  • Foro de Marcas Renombradas de España[29]

Televés ten certificacións:

Beneficio

[editar | editar a fonte]

Evolución das vendas do Grupo Televés dende 2002:

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Dossier de prensa" (PDF). 
  2. Entrevista a Ramón Lois, director de Propiedade Industrial de Televés, 9/2/2016
  3. 3,0 3,1 Televés. Historia
  4. "La gallega Televés forma técnicos en Colombia para preparar el salto de la señal analógica a la TDT". La Voz de Galicia. Consultado o 13-01-2016. 
  5. DVB Project. "List of Members". Consultado o 12 de marzo de 2011. 
  6. ¿Quienes somos? televes.com
  7. Sanmartín Míguez, Santiago (editor) (2007). Universidade de Santiago de Compostela, ed. De pharmaceutica scientia: 150 años de la Facultad de Farmacia (1857-2007) (páxina 349). p. 415. ISBN 9788497507974. 
  8. Un repaso a la historia constata el afán emprendedor de los gallegos Arquivado 21 de decembro de 2014 en Wayback Machine.. El Correo Gallego (en castelán).
  9. Televés no siempre se llamó Televés?
  10. "Marca corporativa". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2012. Consultado o 27 de xuño de 2012. 
  11. Televés SA (ed.). "Manual de Identidad Corporativa de Televés. Política de uso de la marca Televés". Consultado o 13 de decembro de 2013. 
  12. Programas de capacitación para los profesionales de nuestro sector (en castelán).
  13. HDTV Tour Arquivado 02 de decembro de 2011 en Wayback Machine. (en castelán).
  14. Iluminación profesional Televés
  15. "Televés confirma su liderazgo en innovación, con 59 solicitudes de patentes y modelos de utilidad desde el año 2000" (en castelán).
  16. Hitos tecnológicos. Televés
  17. InfoTeleves 146 (Febreiro 2015)
  18. InfoTelevés, agosto 2013 (en varias linguas).
  19. Calidad. Televés
  20. InfoTeleves 145 (decembro de 2014)
  21. Televés TForce (Español)
  22. "La Justicia da la razón a Televés y avala que el desarrollo tecnológico de las centrales amplificadoras programables Avant y Avant 5 no violó patente alguna" (en castelán).
  23. Condenan a Blusens por plaxio nun catálogo profesional editado en 2009. Código Cero
  24. [1] Televes, buque insignia de la televisión del futuro(en castelán).
  25. InfoTelevés 136, xuño 2013 (en varias linguas).
  26. Industria Gallega.com (ed.). "Televés Alemania inaugura nueva sede para dar soporte a su crecimiento en el mercado". Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 1 de agosto de 2013. 
  27. "Julio Villasenin - Televés, S.A.". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2013. Consultado o 12 de agosto de 2013. 
  28. Infoteleves 143
  29. Foro de Marcas Renombradas de España. "Televés". Consultado o 13 de abril de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • José Luis Fernández Carnero, Antonio Suárez Perdigón: Televisión y radio analógica y digital: sistemas para la recepción y distribución de las comunicaciones y los servicios en edificios y viviendas. Televés, 2004, 540 pp. ISBN 84-609-2743-1 [2]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]