Tegua
Tegua | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Vanuatu |
Provincia | Torba |
Arquipélago | Illas Torres |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 13°14′38″S 166°37′37″L / -13.24389, -166.62694 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Volcánica |
Superficie | 30´7 km² |
Longura máxima | 6´5 km |
Largura máxima | 7 km |
Punto máis alto | 300 m. (Monte Tawaten) |
Demografía | |
Capital | Lateu |
Poboación | 58 (2009) |
Densidade | 1´9 hab./km² hab./km² |
Tegua é unha illa da cadea das Illas Torres na provincia de Torba en Vanuatu no océano Pacífico. Está situada entre Metoma e Linua. No lado oriental do atol atópase a baía de Lateu, mentres que ao oeste está a baía Hayter. A illa ten unha lonxitude de 6´5 km e unha anchura de 7 quilómetros.
A única aldea do atol é Lateu, cunha poboación de 64 persoas. Preto de 100 residentes de Tegua foron evacuados polo goberno debido aos crecentes niveis do mar que están inundando a illa, considéranse as primeiras vítimas do quecemento global. A aldea construída na costa sofre, de feito, nos últimos anos continuas inundacións.
Tralo tsunami que azoutou a illa hai uns anos, os insulares decidiron trasladar o seu pobo ao interior (nun claro 300 metros terra dentro, no lado dun outeiro, non moi lonxe do seu antigo pobo, Lirak ) e a administración gobernamental outorgou financiamento (50.000 dólares proporcionados polo Canadá) para poñer en práctica este proxecto e a instalación dun sistema de radio por satélite a través do cal recibirá información do departamento de clima.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tegua |