Saltar ao contido

TED

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
TED
Logo
Tipoproxecto, control de autoridade, marca comercial, sitio web, organización e evento
Data de fundación23 de febreiro de 1984
Fundador(es)Richard Saul Wurman
SedeNova York
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://ted.com e http://ted.com
IMDB: tt1002695 Facebook: TED Twitter: TEDTalks Instagram: ted Youtube: UCAuUUnT6oDeKwE6v1NGQxug Pinterest: tednews Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TED Tecnoloxía, Entretemento, Deseño (en inglés: Technology, Entertainment, Design) é unha organización sen ánimo de lucro adicada ás "Ideas dignas de difundir" (do inglés: Ideas worth spreading). TED é amplamente coñecida polo seu congreso anual (TED Conference) e as súas charlas TED Talks que cobren un amplo espectro de temas que inclúen ciencias, arte, deseño, política, educación, cultura, negocios, asuntos globais, tecnoloxía, desenvolvemento e entretemento. Entre os seus conferenciantes teñen incluído eminencias nos seus ámbitos de actuación como: distintos galardoados co Premio Nobel, (James D. Watson e Murray Gell-Mann); o ex Presidente dos Estados Unidos, Bill Clinton; o seu vicepresidente Al Gore; o cofundador de Microsoft, Bill Gates; os co-fundadores de Google, Sergey Brin e Larry Page e Billy Graham entre outros.

Hai máis de 1000 charlas TED dispoñibles na súa web para descargar ou visualizar online, coa posibilidade de subtitulalas en diferentes idiomas. O 13 de novembro chegaron aos 1000 millóns de vistas en todo o mundo.

Bill Clinton participou no TED do 2007.

A conferencia TED foi fundada por Richard Saul Wurman e Harry Marks en 1984, lévase a cabo anualmente dende 1990. Despois da conferencia de 2002, Wurman cedeulle os dereitos do evento a Chris Anderson, quen é agora o anfitrión desta. A conferencia é propiedade de The Sapling Foundation. A fundación sen ánimo de lucro de Anderson está adicada a potenciar o poder das ideas para cambiar o mundo.

A organización de TED ten as súas oficinas en Nova York e Vancouver. A conferencia realizouse en Monterei (California), dende a súa fundación, pero a partir de 2009 lévase a cabo en Long Beach (California). A conferencia TED conta dende 2005 cun evento asociado, TED Global, que é realizado en distintos lugares. En 2005, TED Global realizouse en Oxford (Inglaterra) e en 2007 en Arusha (Tanzania), onde se denominou TED África. Progresivamente foise realizando en máis lugares (Mysore, Edimburgo, Washington, D.C. etc.

No ano 2009 créase o programa TEDx para a realización de eventos locais, organizados independentemente, que buscan reunir persoas para compartir ideas que merezan ser difundidas. Nun evento TEDx, onde o “x” significa “evento organizado independentemente”, disertadores en vivo combínanse con TEDTalks para incitar ao debate profundo e á interconexión. A conferencia TED ofrece unha guía xeral ao programa TEDx, pero cada evento individual TEDx é independente de TED. Como regra xeral, estes eventos teñen unha duración dun día e a súa entrada é de balde.

Os conferenciantes non cobran e teñen que comprometerse a lle ceder a TED o dereito para editar e distribuír a súa presentación baixo licenza Creative Comons. A finais do ano 2012, máis de 16.000 conferencias foron dadas en máis de 5.000 eventos TEDx en 1.200 cidades en 133 países.

TEDxGalicia

[editar | editar a fonte]

Por primeira vez levouse a cabo TEDxGalicia no ano 2010.[onde?] En 2013 levouse a cabo a cuarta edición.[onde?][Cómpre referencia]

TED Prize

[editar | editar a fonte]

O premio TED (TED Prize) foi creado no ano 2005. Inicialmente, cada ano, tres individuos recibían 100.000 dólares cada un e a posibilidade de formar un "desexo para cambiar o mundo" que presentan durante a conferencia. Dende 2010, prémiase anualmente un soño con 1.000.000 de dólares.

Gañadores do TED Price en anos anteriores:

2005 [1] 2006 [2] 2007 [3] 2008 [4] 2009 [5] 2010 [6] 2011 [7] 2012 [8] 2013 [9] 2014 2015 2016 2017
Bono Larry Brilliant Bill Clinton Neil Turok Sylvia Earle Jamie Oliver JR City 2.0 Sugata Mitra Charmian Gooch[10] David Isay Sarah Parcak Raj Panjabi
Edward Burtynsky Jehane Noujaim Edward O. Wilson Dave Eggers Jill Tarter
Robert Fischell Cameron Sinclair James Nachtwey Karen Armstrong José Antonio Abreu
  1. "TED Prize 2005". TEDPrize.org. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2008. Consultado o 2008-11-30.  (primary source)
  2. "TED Prize 2006". TEDPrize.org. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2008. Consultado o 2008-11-30.  (primary source)
  3. "TED Prize 2007". TEDPrize.org. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2008. Consultado o 2008-11-30.  (primary source)
  4. "TED Prize 2008". TEDPrize.org. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2010. Consultado o 2008-11-30.  (primary source)
  5. "TED Prize 2009". TEDPrize.org. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2011. Consultado o 2008-11-30.  (primary source)
  6. "TED Prize 2010". TEDPrize.org. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2012. Consultado o 2009-12-21.  (primary source)
  7. "TED Prize 2011". TEDPrize.org. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2011. Consultado o 2010-10-20.  (primary source)
  8. "TED Prize 2012". TEDPrize.org. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2012. Consultado o 2012-03-01.  (primary source)
  9. "TED Prize 2013". TEDPrize.org. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2012. Consultado o 2013-03-01.  (primary source)
  10. "Charmian Gooch: Anti-corruption activist". TED. Consultado o 12 de xullo de 2014. Global Witness co-founder Charmian Gooch is the 2014 TED Prize winner. At her NGO she exposes how a global architecture of corruption is woven into the extraction and exploitation of natural resources. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]