Saltar ao contido

Suplemento dietético

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxes de TAC dunha tableta de multivitaminas "A-Z" pola compañía alemá Abtei.

Os suplementos dietéticos (chamados tamén "suplementos nutricionais", "complementos nutricionais", "suplementos alimenticios") segundo estableceu nunha lei aprobada polo Congreso dos Estados Unidos en 1994 son os que:[1][2]

  • Se consomen por vía oral.
  • Conteñen un "ingrediente alimenticio" destinado a complementar a alimentación. Algúns exemplos de suplementos dietéticos son as vitaminas, os minerais, as herbas (unha soa herba ou unha mestura de varias), outros produtos vexetais, aminoácidos e compoñentes dos alimentos como as enzimas e os extractos glandulares.
  • Veñen en diferentes presentacións, como comprimidos, cápsulas, cápsulas de xelatina, líquidos e pos.
  • Non se presentan como substituto dun alimento convencional, nin como compoñente único dunha comida ou da dieta alimenticia.
  • Identifícanse como suplementos dietéticos na etiqueta.

Os suplementos dietéticos véndense en tendas de comestibles, tendas de produtos dietéticos, e en farmacias.

Indicacións

[editar | editar a fonte]

Algunhas aplicacións dos suplementos dietéticos teñen indicacións terapéuticas con base científica. Por exemplo, o ácido fólico evita algúns defectos conxénitos, e que un réxime de vitaminas e cinc pode retardar o avance da dexeneración macular asociada á idade.

Outros usos non demostraron cientificamente a súa eficacia. Por exemplo, unha fórmula de herbas que supostamente alivia a dor producida pola artrite; ou a inxesta de vitamina C previr ou tratar un arrefriado, aínda que os beneficios de tomar grandes cantidades de vitamina C con este propósito non se comprobaron.

  1. "Dietary Supplement Health and Education.". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2009. Consultado o 24 de febreiro de 2018. 
  2. "Dietary supplements: overview.". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2000. Consultado o 30 de marzo de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]