Sundsvall
Aparencia
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Suecia | |||
Condado | Condado de Västernorrland | |||
Municipios | Sundsvall (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 58.813 (2020) (1.419,23 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 4.144 ha | |||
Altitude | 241 m | |||
Creación | 1621 | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 060 | |||
Sitio web | sundsvall.se |
Sundsvall (saami meridional Sjädtavallie) é unha cidade sueca capital do municipio de Sundsvall, no condado de Västernorrland. Con 58 955 habitantes no ano 2019,[1] Sundsvall é a vixésimo primeira cidade máis grande de Suecia, a terceira máis grande de Norrland (tras Umeå e Gävle) e a principal cidade de Västernorrland.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Sundsvall recibiu o seu nome na carta de privilexio de 1621 polo previo pasto aberto (vall) que se atopaba ao sur do río Selångersån, que pertencía ao pobo de Sund,[2] unha poboación con catro granxeiros ao noroeste de Åkroken onde no presente se atopa a Mittuniversitetet. Nese lugar o río estreitábase formando un estreito (sund en sueco) xusto antes de desembocar na ría de Sundsvall.