Steven Tyler
(2018) | |
Nome orixinal | (en) Steven Tyler (en) Steven Victor Tallarico |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Steven Victor Tallarico 26 de marzo de 1948 (76 anos) Nova York (Estados Unidos de América) |
Outros nomes | Steven Tyler |
Residencia | Maui |
Educación | Berklee College of Music Roosevelt High School (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Boston |
Ocupación | cantante, actor, pianista, guitarrista, compositor, intérprete de banxo, cantautor, mandolinista |
Período de actividade | 1965 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock |
Tesitura | Tenor e Contratenor |
Instrumento | Harmónica e voz |
Selo discográfico | Columbia Records |
Compañeiro profesional | Joe Perry (pt) : Toxic Twins (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Teresa Barrick (1988–1991), divorcio Cyrinda Foxe (1978–1987), divorcio |
Parella | Bebe Buell (1976–1977) Julia Holcomb (1973–1976) |
Fillos | valor descoñecido Liv Tyler () Bebe Buell Mia Tyler () Cyrinda Foxe Chelsea Tyler () Teresa Barrick Taj Tallarico () Teresa Barrick |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | steventyler.com |
|
Steven Victor Tallarico, nado en Yonkers, Nova York, Estados Unidos, o 26 de marzo de 1948, máis coñecido na industria da música como Steven Tyler é un músico, compositor, actor e multiinstrumentista líder e vocalista da banda de rock estadounidense Aerosmith.[1]
É coñecido pola súa habilidade para executar moi diversos instrumentos musicais. En 2008, a revista Rolling Stone elixiuno como un dos 100 mellores cantantes da historia e tamén o situou no posto 57 entre os 100 artistas máis grandes de todos os tempos.[2] Así mesmo, foi escollido pola revista estadounidense Hit Parader como o terceiro mellor vocalista de heavy metal da historia, só superado por Robert Plant e Rob Halford.[3] Ademais, figura no posto 13 na lista dos 40 mellores vocalistas de rock de todos os tempos, segundo a cadea de radio dixital Planet Rock.[4] En 2005, a revista estadounidense de música Blender e a cadea musical MTV2 seleccionárono como un dos mellores vocalistas e situárono no posto 16 dunha a listaxe de 22 artistas.[5] O selo discográfico Roadrunner Records escolleuno como un dos mellores cantantes de música "metal" e situouno no posto 8 dunha lista de 50 intérpretes.[6] En 2001 foi premiado pola cadea musical VH1 por ser o rockeiro con mellor estilo nos VH1 Fashion Awards.[7]
Steven Tyler formou parte do xurado do recoñecido programa de talentos American Idol e, desde 2001, está incluído no Salón da Fama do Rock xunto con Aerosmith.[8]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Steven Tallarico naceu en Yonkers, Nova York, o 26 de marzo de 1948, fillo dunha secretaria chamada Susan e de Víctor A. Tallarico, un músico clásico e pianista. O seu pai era de orixe italiana e alemá e a súa nai era de orixe polaca e inglesa.
A música sempre xogou un papel importante na vida de Tyler, xa que o seu pai, que dirixiu a orquestra de Vic Tallarico, lle ensinou música na Escola Secundaria Cardenal Spellman no Bronx, durante moitos anos. Steven Tyler tamén se afeccionou ao blues e na década de 1960; foi orixinalmente un batería e máis tarde converteuse en cantante principal dunha variedade de bandas locais de rock and roll como The Strangeurs (máis tarde Chain Reaction), Chain e William Proud. Tyler pasou un tempo nos veráns da súa mocidade en no lago de Sunapee, en Nova Hampshire, onde tomou contacto cos seus futuros compañeiros de banda Joe Perry e Tom Hamilton. Ten residencias en Marshfield e Cape Cod, no estado de Massachusetts; en Sunapee, no de Nova Hampshire; e tamén en Nova York e nos Ánxeles.
Relacións de parella
[editar | editar a fonte]Steven tivo unha breve relación coa modelo Bebe Buell, con quen tivo unha filla, a actriz Liv Tyler. En 1978 casou con Cyrinda Foxe, unha exmodelo de Warhol, da que se divorciou en 1987 e que faleceu en 2002 vítima dun cancro cerebral, que foi nai da súa segunda filla, a modelo Mia Tyler.[9]
En 1988 casou coa deseñadora de roupa Teresa Barrick, da que se acabou divorciando en 2006. Con ela foi pai dunha filla e dun fillo, Chelsea Tallarico e Taj Tallarico.[10]
En 2011 comprometeuse coa modelo de 28 anos Erin Brady, a súa noiva desde 2006, pero a finais de 2012 termina a súa relación debido a que polo momento as prioridades de Steven son as xiras mundiais que ten por proxecto.[11]
Problemas de saúde
[editar | editar a fonte]O 22 de marzo de 2006, xusto catro días antes do seus 58 aniversario, o xornal The Washington Post informou de que Tyler se sometía a unha intervención cirúrxica por unha "causa médica non revelada", que motivou o adiamento de parte da xira de Aerosmith por América do Norte en 2006, Rockin' the Joint. A cirurxía, para corrixir un vaso sanguíneo aparecido na gorxa, foi un éxito. Logo dunhas semanas de descanso, Steven Tyler e o resto de Aerosmith foron ao estudio o 20 de maio para comezar a traballar no seu novo álbum. A operación de gorxa de Steven Tyler apareceu en 2007 nun episodio da serie de National Geographic Channel chamado a Incrible Máquina Humana.[12]
Ademais deste episodio, nunha entrevista de setembro de 2006 con Access Hollywood, Steven Tyler revelou que estivera afectado de hepatite B e de hepatite C nos últimos 11 anos. Diagnosticóuselle a doenza en 2003 e foi sometido a un tratamento intensivo desde ese ano ata o 2006, incluíndo 11 meses de tratamento con interferón, que cualificou de "agónico".[13][14]
Por outra parte, á marxe dos problemas de drogadición de Tyler xa sinalados, a axencia de noticias Associated Press informou o 23 de decembro de 2009 de que o cantante entrou nunha clínica de rehabilitación para tratar a súa adicción aos analxésicos que estivera tomando para facer fronte ás lesións das actuacións.[15] A banda cancelou unha xira de verán en agosto despois de que Tyler caese do escenario durante unha actuación en Dacota do Sur e rompese o ombreiro esquerdo.[16]
O doutor Brian McKeon Tyler dixo á revista People que as lesións ortopédicas na última década deixaron o roqueiro, xa daquela roldando os 70 anos, cunha dor crónica severa e que require cirurxía nos xeonllos e nos pés.
Deseñador industrial
[editar | editar a fonte]O 15 de setembro de 2007, no New Hampshire International Speedway, Steven anunciou o lanzamento das novas motocicletas Dirico.[17] As motos Dirico están deseñadas por Steven Tyler, baixo a dirección de Mark Dirico, e construídas por AC Custom Motorcycles en Manchester, Nova Hampshire.
Carreira artística
[editar | editar a fonte]1971-1983: orixes e éxito de Aerosmith, drogas e alcohol
[editar | editar a fonte]En 1965, Tyler escribiu o seu primeiro grande éxito Dream On. Arredor de 1971, trasladouse a Boston, Massachusetts, xunto cos demais membros da incipiente banda, onde compartiron un pequeno apartamento. Un excompañero de Tyler, de Nova York, Joey Kramer, foi recrutado para tocar a batería e, máis tarde, agregaron como guitarrista rítmico a Brad Whitford, en substitución do amigo da infancia de Tyler, Ray Tabano. Despois de pasar un tempo percorrendo o circuíto de clubs de Boston, baixo a tutela do seu primeiro representante, Frank Connelly, a banda comezou a traballar cos representantes de Nova York Steve Leber e David Krebs. Posteriormente asinou un contrato discográfico en 1971 e lanzou o seu álbum debut homónimo en 1973. Nos anos seguintes, o grupo lanzou os discos "Get Your Wings" (1974), "Toys in the Attic" (1975), "Rocks" (1976) e "Draw the Line" (1977), que catapultou a Aerosmith á fama internacional. Estes álbums trouxeron éxitos lendarios como Dream On, Walk This Way e Sweet Emotion. Estes primeiros cinco discos de Aerosmith colleitaron discos de platino e están considerados entre os mellores álbums de hard rock de todos os tempos. Con todo, como a década avanzaba, a vida trepidante de xiras, as gravacións, a convivencia e o uso de drogas comezou a cobrar factura a Tyler e ao resto da banda.
A Tyler e Perry coñecíaselles como os "xemelgos tóxicos", polo seu consumo de estimulantes e de heroína.
Cando Perry Joe Perry deixou a banda para comezar con The Joe Perry Project, foi substituído por Jimmy Crespo, que escribiu e coproduciu con Steven Tyler o álbum "Rock In A Hard Place". Crespo foi a clave para manter unido o grupo ata que Brad Whitford abandonou Aerosmith e foi substituído por Rick Dufay.
Na década de 1970 e a comezos da de 1980, Tyler foi coñecido tamén polo seu consumo de drogas duras e alcohol, aínda que terminou a rehabilitación de drogas en 1986 e se mantivo arredado do alcohol durante máis de 20 anos ata que empezou a abusar dos analxésicos en 2009 e, desde entón, volveu rehabilitarse.[18]
Durante as súas actuacións nos concertos nesta primeira etapa, caracterizadas por unha abraiante descarga de enerxía, sempre estaba vestido con traxes de cores moi rechamantes e tamén con bufandas penduradas sobre o seu micrófono.[19]
1983-2000: reunión da banda, rehabilitación e volta ao éxito
[editar | editar a fonte]O 19 de febreiro de 1983, Joe Perry e Brad Whitford, que deixaran a banda en 1979, asistiron a unha actuación de Aerosmith e aí xurdiu o xermolo da posterior reunión da banda cos seus membros orixinais. Aerosmith embarcouse nunha xira de reunión chamada "The Back in the Saddle Tour" e empezaron a gravar novamente
Con todo, mantíñase o problema da adicción ás drogas dos membros do grupo, especialmente Tyler, que se derrubou no escenario durante varias actuacións na década de 1980 por mor da súa longa adicción á heroína. O novo representante de Aerosmith, Tim Collins e o resto da banda reunida sabían que non chegarían a ningures entanto que o seu líder, Steven Tyler, seguise tan relacionado co mundo das drogas. En 1986, tiveron unha reunión na que presionaron a Tyler para que entrase nun estrito programa de rehabilitación de drogas. A partir de aí, todos os demais membros de Aerosmith acabaron por entrar en rehabilitación e todos seguiron con éxito os seus respectivos programas en diversos momentos da segunda metade da década de 1980.
En 1985, Aerosmith lanzou o seu álbum de regreso, "Doe With Mirrors", cun resultado mediocre para a banda. En 1986, con todo, Tyler e Perry colaboraron con Run-DMC para unha revisión do éxito de Aerosmith de 1975 Walk This Way, que alcanzou o número catro nas listaxes de éxitos e foi nomeada recentemente pola revista Rolling Stone como a canción número 37 das "100 cancións que cambiaron o mundo". Walk This Way constituíu a semente para o gran regreso. Aerosmith volveu en 1987 con "Permanent Vacation", que chegou ao posto tres da listaxe de sinxelos Nos Estados Unidos e vendeu catro millóns de copias. A banda seguiu en 1989 con "Pump" e en 1993 con "Get a Grip", que venderon sete millóns de copias cada un e devolveron a banda á sona mundial, eclipsando así o seu éxito da década de 1970. O tres álbums acadaron a aclamación da crítica polos seus estilos musicais innovadores, achagaron unha ducia de singles ás listaxes de más vendidos e gañaron moreas de premios. A posterior xira de Aerosmith e a aparición na televisión e no cine converteu a banda nunha das máis grandes iconas da cultura do rock, e Steven Tyler, como líder do grupo, converteuse en sí mesmo nun símbolo da banda.
O grupo tomou un descanso en 1995 para pasar un tempo coas súas familias, por mor do seu esgotador estilo de vida da década anterior, baixo a dirección do representante Tim Collins, que axudou a orquestrar a maior parte de reaparición da banda e a soster o seu éxito. Chegaron a correr rumores de disolución da banda e de que Steven Tyler volvía novamente ás drogas.
Ademais disto, os sucesivos cambios de representante e de produtores adiaron o proceso de gravación de "Nine lives", que finalmente foi lanzado en 1997 e, malia non achegarse ás cifras de vendas de "Get a Grip", aínda foi dobre platino. A banda logrou manter o seu recoñecemento e estivo de xira durante máis de dous promocionando este álbum. En 1998, durante esta xira, Tyler sufriu unha lesión de ligamentos cando o seu micrófono de pé chocou contra o seu xeonllo. A banda terminou o espectáculo, pero tivo que cancelar varios concertos, e Tyler tivo que usar un xeso na perna entanto que gravaba o vídeo de I Don't Want to Miss a Thing, que acadou o primeiro posto nas listas dese ano.
Do 2000 ata hoxe
[editar | editar a fonte]O comezo do século XXI levou a banda Aerosmith á icónica actuación no descanso da XXXV edición da Super Bowl, ademais de ser incluída no Salón da Fama do Rock e lanzar un novo álbum que chegou a disco de platino.
Desde 2001, Aerosmith puxo en marcha unha exitosa xira anual e mantivo un papel activo na industria musical, que deu como resultado a gravación dos álbums "Just Push Play" (2001) e "Honkin' on Bobo" (2004). Ademais disto, Steven Tyler mantivo unha variedade de proxectos paralelos e aparicións especiais.
Despois dos atentados do 11 de setembro de 2001, a banda tocou no concerto benéfico United We Stand, na cidade de Washington. Tyler puxo unha chaqueta de corpo enteiro coa bandeira estadounidense e a banda interpretou cancións como Livin 'on the Edge e I Don't Wanna Miss a Thing.
En 2003, Tyler recibiu un título honorífico do Berklee College of Music e, en 2005, recibiu un doutoramento "honoris causa" pola Universidade de Massachusetts, en Boston.
Na película de Nadal The Polar Express, de 2004, Steven Tyler, aparece cantando a letra dun número de rock titulado Rockin' on Top of the World, entanto que un grupo de elfos de animación por computador se asemella a Aerosmith interpretando a canción.
En 2005 Tyler foi o vocalista principal de Santana no sinxelo Just Feel Better e tamén fixo unha breve aparición na película Be Cool, protagonizada por John Travolta e Uma Thurman, na que fai un dúo coa cantante Linda Moon (interpretada por Christina Milian).
En 2006, logo da cicatrización da cirurxía na gorxa á que Tyler se tivo que someter e tras o esgotador Rockin' the Joint Tour, Steven Tyler actuou con Joe Perry e a orquestra Boston Pops, nun concerto que foi transmitido pola CBS nos Estados Unidos. Nese mesmo ano, Tyler tamén gravou un dueto co artista de música country Keith Anderson, titulado Three Chord Country and American Rock & Roll, unha versión remesturada dunha peza do álbum de debut de Anderson. E aínda en 2006, ademais de traballar con Aerosmith en xiras e gravando un novo álbum, Tyler fixo varias aparicións públicas: apareceu brevemente na comedia Two and a Half Men, facendo de si mesmo como un veciño ruidoso e desagradable; cantou God Bless America durante un partido da liga estadounidense de béisbol en Missouri, e actuou como voluntario servindo a tradicional cea de Acción de Grazas aos necesitados nun restaurante en West Palm Beach, en Florida, antes dun concerto de Aerosmith alí.
En 2007, Tyler mantén activa unha xira mundial coa banda que os leva a 19 países.
En 2008, logo de recuperarse dunha lesión dunha perna e tras o falecemento da súa nai, actuou con Billy Joel e a súa banda, interpretando a canción Walk This Way, e fixo unha aparición sorpresa nos concertos da Trans-Siberian Orchestra no Nassau Coliseum de Nova York
O 5 de agosto 2009 Tyler caeu do escenario en Dakota do Sur e lesionou a cabeza, o pescozo e un ombreiro. Debido á caída de Tyler, Aerosmith viuse obrigado a cancelar o resto da súa xira de 2009, agás dous concertos en Hawai en outubro. Xa en 2007 Aerosmith tivera que cancelar o seu primeiro concerto en Maui, o que deu lugar a unha demanda colectiva de 8.000 persoas pola cancelación da serie de concertos.
Entre 2009 e 2010 sucedéronse os rumores e os desmentidos de abandono de Aerosmith por parte de Tyler, e mesmo novas recaídas no mundo das drogas, todo isto alternado con aparicións públicas en colaboración con outros artistas, como Timbaland e tamén con Aerosmith, como é o caso do concerto do 14 de agosto de 2010 en Boston.
O 25 de outubro de 2011, Tyler sufriu un desmaio e caeu no baño do seu cuarto nun hotel en Luque, Paraguai, polo que sufriu un par de feridas na cara e a rotura de dous dentes e tivo que ser sometido a cirurxía plástica nunha cella e nos beizos.
Nestes últimos tempos, Tyler asentouse en Nashville, Tennessee, e colaborou con compositores locais. O 15 de xullo de 2016 saíu á luz o seu premeiro álbum en solitario de country, titulado "We're All Somebody From Somewhere".
Xa desde decembro de 2015, en varias entrevistas, Tyler e os seus compañeiros de Aerosmith Brad Whitford e Joe Perry falaron da posibilidade de realizar unha xira de despedida da banda en 2017 e mesmo de gravar un derradeiro disco de estudio. Finalmente, entre setembro e outubro de 2016, Tyler volveu a Aerosmith para unha xira de dez concertos en Hispanoamérica, precedidos por unha actuación o 16 de setembro no festival Kaaboo en San Diego (California), e que terá continuación en 2017 en diversas cidades europeas, como Dublín ou Lisboa.
Discografía
[editar | editar a fonte]Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Discos de estudio con Aerosmith
[editar | editar a fonte]- Aerosmith (1973).
- Get Your Wings (1974).
- Toys in the Attic (1975).
- Rocks (1976).
- Draw the Line (1977).
- Night in the Ruts (1979).
- Rock in a Hard Place (1982).
- Done with Mirrors (1985).
- Permanent Vacation (1987).
- Pump (1989).
- Get a Grip (1993).
- Nine Lives (1997).
- Just Push Play (2001).
- Honkin' on Bobo (2004).
- Music from Another Dimension! (2012)
Gravacións en directo
[editar | editar a fonte]- Live! Bootleg (1978).
- Classic Live! (1986).
- Classic Live! II (1987).
- A Little South of Sanity (1998).
- Rockin' the Joint (2005).
Compilacións
[editar | editar a fonte]- Greatest Hits (1980).
- Gems (1988).
- Pandora's Box (1991).
- Big Ones (1994).
- Box of Fire (1994).
- Pandora's Toys (1994).
- Young Lust: The Aerosmith Anthology (2001).
- Classic Aerosmith (2002).
- O, Yeah! Ultimate Aerosmith Hits (2002).
- Devil's Got a New Disguise (2006).
- 20th Century Masters: The Milenium Collection - The Best of Aerosmith (2007).
- Tough Love: Best of the Ballads (2011).
Traballos colaborativos
[editar | editar a fonte]- Walk this way, no álbum "Raising Hell", de Run D.M.C (1986).
- Wild Thing, no álbum "Have you seen Me Lately?", de Sam Kininson (1988).
- Only My Heart Talkin, no álbum "Trash", de Alice Cooper (1989).
- Slice of Your Pie, no álbum "Dr. Feelgood", de Mötley Crüe (1989).
- Sticky Sweet, no álbum "Dr. Feelgood", de Mötley Crüe (1989).
- Misery, no álbum "Missundaztood", de Pink (2001).
- Sing for the Moment, do álbum "The Eminem Show", de Eminem (2002).
- I'm a King Bee, do álbum "Lightning in a Bottle Soundtrack", de Joe Perry.
- Just Feel Better, do álbum "All That I Am", de Santana (2005).
- Three Chord Country and American Rock & Roll, do álbum homónimo de Keith Anderson (2006).
- Roots, Rock, Reggae, do álbum "Chant Down Babylon", de Bob Marley (2006).
- Cryin' and Smile, do álbum "Chris Botti in Boston", de Chris Botti (2009).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Aerosmith, los chicos más malos del rock". En El Espectador, 14 de maio de 2010 (en castelán)
- ↑ 100 Greatest Singers of All Time, en Rollingstone.com [En inglés]
- ↑ Hit Parader's Top 100 Heavy Metal Vocalists of All Time. En AmIAnnoying.com [En inglés]
- ↑ Las mejores voces del rock según Planet Rock, en Themetalcircos.com [En castelán]
- ↑ Blender Magazine's 22 Greatest Voices [MTV2], en AmIAnoying.com (en inglés)
- ↑ The 50 Greatest Metal Front-Men of all Time! En Road Runner Records. [En inglés]
- ↑ Aerohistoria de Aerosmith, en Distrito22 (en castelán)
- ↑ Rock & Roll Holl of Fame. Aerosmith, en Rockhall.com (en inglés)
- ↑ Biografía de Steven Tyler. En Biografias.es [En castelán]
- ↑ Steven Tyler Draws the Line. En Foxnews.com [En inglés]
- ↑ El cantante de Aerosmith se casa. En Elmundo.es. 3 de xaneiro de 2012. [En castelán]
- ↑ Steven Tyler - La increíble máquina humana. National Geographic. [En castelán]
- ↑ Steven Tyler Praised by International Patient Groups in Advance of World Hepatitis Awareness Day Arquivado 21 de decembro de 2016 en Wayback Machine.. En PR Newswire. [En inglés]
- ↑ Steven Tyler reveals battle with hepatitis C. En Today.com [En inglés]
- ↑ Steven Tyler, a la clínica de rehabilitación. Elpais.com. 23 de decembro de 2009. [En castelán]
- ↑ Steven Tyler se cayó del escenario. En Cronica.com.ar [En castelán]
- ↑ Steven`s Blog. En Diricomotorcycle.com [En inglés]
- ↑ Steven Tyler en rehabilitación. En Univisión.com. 23 de maio de 2008. [En castelán]
- ↑ Steve Tyler. Aerosmith’s much-anticipated tour is in full swing. En Elle.com. 21 de xullo de 2009. [En castelán]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- StevenTyler.com, Sitio oficial de Steven.
- Aerosmith.com, Sitio oficial de Aerosmith.
- Steven Tyler na IMDb (en inglés).