Soiuz TMA-4
Aparencia
Soiuz TMA-4 | |
---|---|
Parche da misión Soiuz TMA-4. | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 19 de abril de 2004, 3:19 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz FG[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][5] |
Duración da misión | 187,89 días[5] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5] |
Regreso | 24 de outubro de 2004[1][5] |
NSSDC ID | 2004-013A |
Masa | 7250 kg[5] |
Soiuz TMA-4 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 19 de abril de 2004 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4]
Características
[editar | editar a fonte]Soiuz TMA-4 foi lanzada cos cosmonautas Michael Fincke, Gennadi Padalka e André Kuipers a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e levar a cabo tarefas de mantemento mentres a frota de transbordadores espaciais permanecía parada despois do accidente do transbordador espacial Columbia. Durante a súa estancia a ISS recibiu a visita da misión Soiuz TMA-5 e dos cargueiros Progress M-49 e Progress M-50. A nave regresou o 24 de outubro de 2004 con Fincke, Padalka e Iuri Shargin.[2][3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TMA 4" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (27 de abril de 2021). "Soyuz-TMA 4" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 3 August 2004 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (04-57144 (E)). 31 de agosto de 2004: 2. Consultado o 7 de xullo de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-TMA 1 - 22 (7K-STMA, 11F732A17)" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2021). "Soyuz TMA-4" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz TMA-4 |