Saltar ao contido

Soil Moisture Active Passive

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soil Moisture Active Passive / SMAP
SMAP
TipoCientífico
FabricanteJPL
OrganizaciónJPL
Data de lanzamento31 de xaneiro de 2015, 14:22 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta 7320[1][5]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[1][6]
Obxectivo da misiónMedición da humidade terrestre.[1][6]
NSSDC ID2015-003A
Masa944 kg[1]
Datos orbitais
Semieixo maior7060 km[2]
Inclinación98,1º[2]
Apoapse690,7 km[2]
Periapse688,4 km[2]

Soil Moisture Active Passive ou SMAP é un satélite artificial do JPL da NASA lanzado o 31 de xaneiro de 2015 a bordo dun Delta 730 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[1][6][5]

Características

[editar | editar a fonte]

A misión de SMAP é estudar a humidade do solo da Terra mediante un radiómetro e radar. As medicións de humidade son necesarias para mellorar e comprender os ciclos do auga rexionais, a produtividade dos ecosistemas e a relación entre os ciclos da auga, do carbono e da enerxía na biosfera terrestre. Ademais as medicións de alta resolución da humidade melloran a precisión dos prognósticos meteorolóxicos, as previsións de inundacións e axudan na mellora da produtividade agrícola.[1][6][5]

SMAP leva a bordo un radiómetro e un radar en banda L cun reflector de 6 m de diámetro cunha resolución de entre 1 e 3 km. O 7 de xullo de 2015 unha avaría no radar deixouno fóra de servizo, polo que o satélite só obtén datos co radiómetro.[1][6][5]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 NASA (27 de abril de 2021). "SMAP" (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "SMAP" (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2021. 
  3. Claude Lafleur (2021). "SMAP" (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2021. 
  4. "Note verbale dated 18 December 2015 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (en inglés) (16-00587 (E)). 3 de febreiro de 2016: 2. Consultado o 23 de novembro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SMAP" (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2021. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2021). "SMAP" (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]