Sober
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | Sober | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.178 (2023) (16,33 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 133,35 km² | ||||
Altitude | 600 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Luis Fernández Guitián | ||||
Eleccións municipais en Sober | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27460 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27059 | ||||
Sitio web | concellodesober.com | ||||
Sober é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Terra de Lemos e parte da Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 2.301 persoas. O xentilicio é soberés.[1]
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Sober é un antropotopónimo derivado do nome Superus ou Superius, a través da forma en xenitivo (villa) Superii. Aparece documentado como Superi en documentación de 1075 e 1099 do mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón.[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Sober ten unha superficie de 134 km² e atópase na Terra de Lemos, no sur da provincia de Lugo, entre os cursos dos ríos Cabe e Sil, que fan de fronteira física polo oeste e sur, respectivamente. Limita cos concellos de Monforte de Lemos ao norte e leste, Pantón ao oeste e Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Teixeira e Castro Caldelas ao sur.
A capital municipal dista 77 km da capital de provincia, Lugo, e atópase a uns 600 m de altitude.
Demografía
[editar | editar a fonte]Censo total | 2.301 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 155 (6,74 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.125 (48,89 %) |
Maiores de 65 anos | 1.021 (44,37 %) |
Economía
[editar | editar a fonte]O sector primario está centrado na gandería bovina criada para consumo, a cría porcina e en menor medida, ovina.
A agricultura representa o 37% da superficie, orientada ao cultivo de cereais, patacas e primordialmente, a vide. O 58% da superficie é de masa forestal, piñeiros e carballos e mata.
A industria ocupa ao 15% da poboación, concentrándose en entidades de pequeno tamaño ou familiar orientadas principalmente á elaboración de viño. Destaca a produción de material de construción en Canabal e a olería artesá de Gundivós. Outros centros están dedicados á manufactura téxtil (calcetíns) e á fabricación de ferramentas e equipos de labor (cerraxería e máquinas de sulfatado).
O sector servizos aglutínase en torno aos servizos municipais e administrativos e aos establecementos comerciais. Cada quince días ten lugar a feira, coa mesma frecuencia có mercado de produtos.
Viño de Amandi
[editar | editar a fonte]Sober atópase na rexión vinícola da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, albergando a produción da subzona de viños de Amandi e a da ribeira do río Cabe.
Existen arredor de 300 produtores e 29 adegas inscritas no consello regulador. Un centro de embotellado industrial permite a comercialización da marca de viño de Rectoral Amandi.
Cada domingo de Ramos, celébrase en Sober a Feira do viño de Amandi.
Historia
[editar | editar a fonte]Consérvanse mámoas do megalítico en distintos lugares, así como restos da cultura castrexa.
Durante o período do Imperio Romano a Vía Nova, que enlazaba Astorga con Braga, atravesaba a zona.
Da constitución do reino dos suevos permanecen os topónimos de varias parroquias.
No 785 o bispo Odoario de Lugo fundou a vila de Amandi.
Patrimonio histórico e artístico
[editar | editar a fonte]- A Casa grande de Rosende é un pazo datado en 1511, situado na parroquia de Rosende. Tamén era coñecido na comarca como A Casa das Señoritas. Foi rehabilitada a finais do século XX e na actualidade funciona como casa de turismo rural non sendo posible a súa visita. De sobria fachada destaca a súa torre, a solaina que da cara a un patio traseiro e o seu coidado interior.
Lugares de Sober
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Sober vexa: Lugares de Sober. A localidade da Barca (Anllo) antigamente[cando?] pertencía á parroquia de Frontón.[Cómpre referencia]
Política
[editar | editar a fonte]Partido | 1999 | 2003 | 2007 | 2011 | 2015 | 2019 | ||
PPdeG | 7 | 8 | 8 | 7 | 7 | 8 | ||
IG-Vivo | 2 | |||||||
PSOE-PSdeG | 3 | 2 | 1 | 2 | 2 | 1 | ||
PDDdG | 2 | |||||||
BNG | 1 | 2 | 2 | |||||
Agroma | 1 | |||||||
Total | 11 | 11 | 11 | 11 | 11 | 11 |
Deporte
[editar | editar a fonte]No concello hai dous equipos de fútbol, o CD Sober, que xoga os seus partidos en Centeás, e o CD Río Sil, que xoga no campo da Carqueixa. Os dous xogaban na tempada 2018/19 na Terceira Autonómica de Galicia.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Sober.
-
Canón do Sil.
-
Igrexa de Rosende.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 59. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ Real Academia Galega (Antón Palacio) (25/11/2021). O Seminario de Onomástica responde: Sober (Youtube).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sober |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |