Ska Keller
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de novembro de 1981 (43 anos) Guben, Alemaña |
Eurodeputada | |
Representa: Alianza 90/Os Verdes 2 de xullo de 2019 – 15 de xullo de 2024 Lexislatura: IX lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: Germany (en) Electa en: Eleccións ao Parlamento Europeo de 2019 | |
Eurodeputada | |
Representa: Alianza 90/Os Verdes 25 de maio de 2014 – 1 de xullo de 2019 Lexislatura: VIII lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: Germany (en) Electa en: eleições parlamentares na União Europeia em 2014 (pt) | |
Eurodeputada | |
Representa: Alianza 90/Os Verdes 14 de xullo de 2009 – 30 de xuño de 2014 Lexislatura: VII lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: list of results of European elections in Germany (en) Electa en: Eleccións ao Parlamento Europeo de 2009 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Libre de Berlín |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estrasburgo Bruxelas |
Ocupación | política, ecoloxista |
Partido político | Alianza 90/Os Verdes |
Familia | |
Cónxuxe | Markus Drake |
Sitio web | skakeller.de |
Franziska Maria «Ska» Keller, nada en Guben, Brandeburgo, o 22 de novembro de 1981, é unha política alemá de Alianza 90/Os Verdes, deputada no Parlamento Europeo desde 2009 dentro do grupo político de Grupo dos Verdes/Alianza Libre Europea. Portavoz entre 2005 e 2007 da Federación de Mozos Verdes Europeos (FYEG), de 2007 a 2009 exerceu de coportavoz da federación estatal verde de Brandeburgo.
Ska Keller estudou Estudos Islámicos, Turcos e Xudeus na Universidade Libre de Berlín e fala seis idiomas. Está casada co activista finlandés Markus Drake.
Política
[editar | editar a fonte]Desde 2001 foi membro de Grüne Jugend (Mozos Verdes) e desde 2001 até 2004 pertenceu ao seu Comité Executivo Nacional. De 2005 a 2007 foi portavoz da Federación de Mozos Verdes Europeos (FYEG).
En 2002 uniuse ao partido Bündnis 90/Die Grünen e en 2005 entrou ao Comité Executivo de Die Grünen no Estado de Brandeburgo. Entre 2005 e 2009 foi tamén directora executiva da agrupación de distrito verde de Spree-Neiße. En novembro de 2007 foi elixida xunto con Axel Vogel como coportavoz da federación verde de Brandeburgo. Neste cargo estivo particularmente involucrada nun referendo a nivel nacional contra as novas minas a ceo aberto en Brandeburgo, iniciado conxuntamente por partidos, organizacións ecoloxistas e o instituto sorbio Domowina.
No Congreso de Delegados de Dortmund de 2009, Keller foi elixida para o posto 7 da lista de Die Grünen para as eleccións europeas. Baixo a lema "Non só o avó para Europa" conseguiu o escano o 7 de xuño de 2009. As prioridades da política de Keller son a migración e as relacións da Unión Europea con Turquía.[1] Como deputada do grupo parlamentario Verdes-Alianza Libre Europea, pertenceu á Comisión de Desenvolvemento e agora traballa na Comisión de Comercio Internacional e na Delegación UE-Turquía.
Nas primarias abertas pan-europeas do Partido Verde Europeo de 2014, Ska Keller foi elixida, xunto ao francés José Bové, como co-candidata á presidencia da Comisión Europea para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2014.[2] En 2019 repetiu como candidata do Partido Verde a presidir a CE.[3]
De cara ás eleccións de 2019 repetiu como Spitzenkandidat do Partido Verde Europeo, esta vez facendo tándem co neerlandés Bas Eickhout.[4]
En xullo de 2019, Keller anunciou que sería candidata para a Presidencia do Parlamento Europo,[5] que obtivo David-Maria Sassoli da S&D cun apoio de 345 dun total de 667 MEPs.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Europarl.europa.eu (ed.). "Franziska Keller" (en inglés). Consultado o 8/5/2014.
- ↑ Ska Keller y José Bové serán los candidatos de los verdes europeos a presidir la Comisión
- ↑ Andrés Gil. ""El gran problema es que los partidos conservadores están dando legitimidad a la extrema derecha"" (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2019.
- ↑ European Greens (ed.). "European Greens elect leading duo" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2020. Consultado o 26 de outubro de 2019.
- ↑ EU Observer, ed. (2 de xullo de 2019). "Green's Keller runs for EU Parliament presidency" (en inglés). Consultado o 26 de outubro de 2019.
- ↑ Deutsche Welle, ed. (3 de xullo de 2019). "European Parliament begins voting for new president" (en inglés). Consultado o 26 de outubro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía por CIDOB Arquivado 25 de decembro de 2014 en Wayback Machine. (en español)