Sisenando Martínez Gil
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xuño de 1917 A Coruña, España |
Morte | 22 de febreiro de 2004 (86 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | cirurxián , militar |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Sisenando Martínez Yunta |
Sisenando Martínez Gil, nado na Coruña o 3 de xuño de 1917 e finado na mesma cidade o 22 de febreiro de 2004,[1][2] foi un cirurxián e militar galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de Sisenando Martínez Yunta, alcalde franquista da Coruña entre 1937 e 1939, e de María Gil Galán. En 1933 ingresou na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, onde se licenciaría en 1943.
Durante a Guerra civil española serviu no acoirazado España como mariñeiro voluntario, máis tarde no exército de Terra, onde sería ascendido a tenente. En 1943, xa médico, entrou a traballar na sanidade militar, no Rexemento de Cabalaría número 13, en Lugo, e despois no de Infantaría número 19, en Caspe e Marrocos. En 1946 ascendeu a capitán e foi designado director da Clínica Militar de Barbastro. En 1950 foi destinado ao Hospital Militar de Villa Sanjurjo (Alhucemas) e 1952 entrou como xefe do servizo de cirurxía do Hospital Militar da Coruña. Acadou así mesmo unha praza de cirurxián na Seguridade Social. En 1980 ascendeu a xeneral subinspector médico, na IV Rexión Militar, en Barcelona. Pasou ao retiro en 1987.
Vida privada
[editar | editar a fonte]En 1956 casou con Esther de la Colina Unda e tivo cinco fillos (Juan, Esteban, Manuel, María e Sisenando) e sete netos (Esteban, Candelaria, Carmen, Juan, Elena, Sisenando e Tirso)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 23-2-2004, p. 60.
- ↑ Sisenando Martínez Gil en geni.com (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- General y destacado cirujano artigo na sección "Personajes coruñeses" de La Voz de Galicia o 18 de marzo de 2004 (en castelán).