Sigismondo
Sigismondo | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Giuseppe Maria Foppa |
Estrea | 26 de decembro de 1814 |
Teatro da estrea | Gran Teatro La Fenice |
Lugar da estrea | Venecia |
Música | |
Compositor | Gioachino Rossini |
Localización da partitura | Arquivo da Casa Ricordi (Milán) |
Personaxes | |
Sigismondo é unha ópera seria en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Giuseppe Maria Foppa. A súa estrea tivo lugar no Gran Teatro La Fenice de Venecia o 26 de decembro de 1814, mais non tivo unha grande acollida. Trátase dunha farsa veneciana (ao igual que L'inganno felice, La scala di seta e Il signor Bruschino). Parte da música desta ópera foi empregada por Rossini para varias óperas posteriores: Elisabetta, regina d'Inghilterra, Il barbiere di Siviglia[1] e Adina.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Sigismondo estreouse o 26 de decembro de 1814 no Gran Teatro La Fenice de Venecia, mais non tivo unha grande acollida. A ópera tivo pouca circulación, con representacións en Padua, Cremona e Reggio Emilia (todas elas en 1819), Florence (1820) e Boloña (1827), quedando logo totalmente esquecida. O seu renacemento moderno tivo lugar en Rovigo e Trieste en 1992, cunha xove Sonia Ganassi no papel protagonista.
Esta ópera rara vez é representada na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase cunha única representación no período 2005-10.[3]
Personaxes
[editar | editar a fonte]Presonaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 26 de decembro de 1814[4] (Director: ) |
---|---|---|
Sigismondo, Rei de Polonia | contralto | Marietta Marcolini |
Ladislao, Primeiro Ministro de Polonia | tenor | Claudio Bonoldi |
Anagilda, irmá de Ladislao | soprano | Marianna Rossi |
Radoski, confidente de Ladislao | barítono | Domenico Bartoli |
Ulderico, King of Bohemia | baixo | Luciano Bianchi |
Aldimira, filla de Ulderico e muller de Sigismondo | soprano | Elisabetta Manfredini-Guarmani |
Zenovito, nobre polonés | baixo | Luciano Bianchi |
Argumento
[editar | editar a fonte]A escena ten lugar en Gesna, antiga capital de Polonia, e en parte nalgúns bosques e lugares montañosos.
A ópera comeza coa loucura de Sigismondo: teme a vinganza de Ulderico, pai da súa dona Aldimira, que a mandou matar por infidelidade. En realidade Aldimira está viva, e foi vítima dunha trampa traizoeira de Ladislao, quen o inventou todo.
Aldimira reúnese de novo con Sexismundo baixo un nome falso, seducíndoo, pídelle que sexa a súa esposa e ela acepta, mais quere consultar con seu pai que está a piques de atoparse con Sigismondo.
Mentres tanto, Ladislao revela a Ulderico o delito de Aldimira e que non está viva, o que provoca o ataque. Sigismondo perde, mais salva a Aldimira da espada de Ladislao.
Revélase o engano e prenden a Ladislao, finalizando felizmente a ópera.
Orquestración
[editar | editar a fonte]A partitura de Rossini prevé a utilización de:
- 2 frautas (2° tamén piccolo), 2 óboes (tamén corno inglés), 2 clarinetes, 2 fagots
- 2 trompas, 2 trompetas, trombón
- timbais, bombo
- archi
Para os recitativos:
- piano (violoncello e contrabaixo ad libitum)
Gravacións
[editar | editar a fonte]Ano | Elenco: Sigismondo, Bruno, Aldimira, Ulderico |
Director, Teatro e orquestra |
Selo discográfico [5] |
---|---|---|---|
1992 | Sonia Ganassi, Bruno Lazzaretti, Rosella Ragatzu, Giacomo Prestia |
Richard Bonynge, Rovigo Venezze Conservatory Orchestra |
CD de son: Bongiovanni Cat: 8.660189-90 |
1995 | Carmen Oprisanu, ??, Tatiana Korovina, Vladimir Prudnikov |
Marc Andreae, Stuttgarter Kammerorchester and Prague Male Choir (Recorded at the Wildbad Rossini Festival, xullo) |
CD de son: CROSSROADS Cat: CR 0102695 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Osborne, Charles, p.44
- ↑ Holden, p. 775
- ↑ "Estatísticas de Operabase". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 06 de maio de 2012.
- ↑ "Información de AmadeusOnline.net". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2012. Consultado o 06 de maio de 2012.
- ↑ Recordings of Sigismondo on operadis-opera-discography.org.uk
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Holden, Amanda (Ed.), The New Penguin Opera Guide, Nova York: Penguin Putnam, 2001. ISBN 0-14-029312-4
- Osborne, Charles, The Bel Canto Operas of Rossini, Donizetti, and Bellini, Portland, Oregon: Amadeus Press, 1994 ISBN 0-931340-71-3
- Osborne, Richard: "Sigismondo" en The New Grove Dictionary of Opera, Stanley Sadie (Ed.). (Londres: MacMillan, 1992) ISBN 0-333-73432-7
- Radiciotti, Giuseppe, Gioachino Rossini: vita documentata; opere ed influenze su l'arte, 3 vols. Tivoli: Chicca, 1927-29.