Saltar ao contido

Shirley Horn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaShirley Horn

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de maio de 1934 Editar o valor en Wikidata
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte20 de outubro de 2005 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteDiabetes mellitus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaFort Lincoln Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Howard (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpianista, músico de jazz, cantante, artista discográfico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1959 Editar o valor en Wikidata - 2005 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoJazz Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoBell Records (pt) Traducir
Mercury Records Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Premios

Descrito pola fonteNotable Black American Women Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0394917 BNE: XX1740958 Spotify: 0x9L9ChXVAf3hFOb0CbRmd Musicbrainz: 1f72d108-f2dc-44cd-8213-8d3426cc2c9a Songkick: 517069 Discogs: 33588 Allmusic: mn0000030925 WikiTree: Horn-6620 Find a Grave: 12131833 Deezer: 8597 Genius: Shirley-horn Editar o valor en Wikidata

Shirley Horn, nada en Washington, D.C. o 1 de maio de 1934 e finada o 20 de outubro de 2005, foi unha cantante e pianista estadounidense de jazz e de pop. A súa especialidade eran as baladas e a súa voz é suave e lixeiramente grave. É tamén unha pianista moi apreciada.

Traxectoria esencial

[editar | editar a fonte]

Estudou piano desde os catro anos de idade. Tras pasar pola Howard University, Horn formou o seu primeiro trío en 1954 e foi animada na súa carreira a comezos dos sesenta por artistas tan importantes como Miles Davis e Quincy Jones. Co grupo de Davis gravaría en 1960 unha serie de concertos no Village Vanguard de Nova York. Gravou tres discos durante 1963-1965 para a compañías Mercury e ABC/Paramount; con todo, acurrunchou a súa carreira en beneficio da súa familia e fixo só actuacións esporádicas en clubs de Baltimore e Washington, D.C.. A comezos dos oitenta, empezou a gravar outra vez para SteepleChase, selo danés, sempre en formación de trío; posteriormente, tivo un grande éxito en 1987 cando empezou a gravar para Verve, asociación que foi moi produtiva; conseguiu sete nomeamentos aos Grammy (gañando un premio ao Best Jazz Vocal Album por I Remember Miles), o Premio Billie Holiday da Academia Francesa do Jazz polo seu disco de 1990 Close Enough for Love etc. En 2005 saíu á venda un recompilatorio das súas gravacións con Verve, But beautiful. The best of Shirley Horn.

Horn morreu como consecuencia dunha apoplexía. Ademais, sufría de diabetes, polo que lle foi amputado o seu dereito en 2001.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Live at the Village Vanguard (Can-Am, 1961)
  • Embers and Ashes (Stereo-Craft, 1961)
  • Loads of Love (Mercury, 1963)
  • Shirley Horn with Horns (Mercury, 1963)
  • Travelin' Light (ABC/Paramount, 1965)
  • A Lazy Afternoon (Steeple Chase, 1978)
  • At Northsea (Steeple Chase, 1981)
  • Violets for Your Furs (Steeple Chase, 1981)
  • All Night Long (Steeplechase, 1981)
  • Garden of the Blues (Steeple Chase, 1984)
  • I Thought About You (Verve, 1987; en directo)
  • Softly (Audiophile, 1987)
  • Close Enough for Love (Verve, 1988)
  • You Won't Forget Me (Verve, 1990)
  • Here's to Life (Verve, 1991)
  • Shirley Horn with Strings (Verve, 1991)
  • I Love You, Paris (Verve, 1992, en directo)
  • Light out of Darkness (A Tribute to Ray Charles) (Verve, 1993)
  • The Main Ingredient (Verve, 1995)
  • Loving You (Verve, 1997)
  • I Remember Miles (Verve, 1998)
  • You're My Thrill (Verve, 2001)
  • May the Music Never End (Verve, 2003)
  • Marian McPartland's Piano Jazz Radio Broadcast (Concord Records, 2006)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]