Shingeki no Kyojin
Shingeki no Kyojin | |
---|---|
進撃の巨人 (Shingeki no Kyojin) | |
Manga Shingeki no Kyojin | |
Creado por | Hajime Isayama |
Editor | Kodansha |
Publicado en | Bessatsu Shōnen Magazine |
Primeira edición | 9 de setembro de 2009 |
Última edición | |
Núm. de volumes | 24 |
Manga Attack on Titan: Before the Fall | |
Creado por | Ryō Suzukaze |
Editor | Kodansha |
Publicado en | |
Primeira edición | 2 de decembro de 2011 |
Última edición | |
Núm. de volumes | 3 |
Manga Attack on Titan: Junior High | |
Creado por | Hajime Isayama, Saki Nakagawa |
Editor | Kodansha |
Publicado en | Bessatsu Shōnen Magazine |
Primeira edición | 9 de abril de 2012 |
Última edición | |
Núm. de volumes | 3 |
Anime Shingeki no Kyojin | |
Dirixido por | Tetsurō Araki |
Estudio | Wit Studio Production I.G |
Canle televisiva | MBS, Tokyo MX, FBS, TOS, HTB, TVA, BS11 |
Primeira emisión | 6 de abril de 2013 |
Última emisión | presente |
Núm. de capítulos | 37 + 6 OVAs |
Shingeki no Kyojin (進撃の巨人 lit. "Os xigantes avanzan/atacan"?) é un manga xaponés escrito e ilustrado por Hajime Isayama. O manga comezou a súa serialización na revista Bessatsu Shōnen Magazine de Kodansha o 9 de setembro de 2009, e foi recollido en 12 volumes o 9 de decembro de 2013. A historia está ambientada nun mundo no que a humanidade vive en cidades protexidas por enormes muros que os protexen dos titáns, criaturas humanoides de dimensións xigantescas que devoran ós humanos sen unha razón aparente. A historia céntrase en Eren Yeager, a súa irmá adoptiva Mikasa Ackerman e o seu amigo Armin Arlert, cuxas vidas mudan radicalmente coa aparición dun titán colosal que provoca a destrución do seu fogar e a morte da nai de Eren. Xurando vingarse e desexando recuperar o seu mundo, Eren, Mikasa e Armin únense a un grupo de soldados de elite que loitan contra ós titáns fóra dos muros.
Xerou unha novela spinn-off que comezou en decembro de 2011, e que recibiu unha adaptación ó manga. Outros dous spin-offs están sendo serializados, e posúe a súa propia adaptación ó anime homónimo, producida por Wit Studio e Production I.G. O anime foi estreado no Xapón en MBS entre abril e setembro de 2013. Tamén ten catro adaptacións de videoxogos desenvolvidos por Nitroplus. Está previsto que a adaptación ó cine vexa a luz no 2015.[1]
Shingeki no Kyojin converteuse nun éxito comercial, con 40 millóns de volumes impresos vendidos en xullo de 2014.[2] A estrea do anime incrementou con moito a popularidade do manga, recibindo boas críticas pola súa atmosfera e historia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "SFX Director Shinji Higuchi to Helm Live-Action Attack on Titan Film". Anime News Network. 3 de decembro de 2013. Consultado o 4 de decembro de 2013.
- ↑ "Live-Action Attack on Titan Confirmed for 2 Films". Anime News Network. 29 de xullo de 2014. Consultado o 29 de xullo de 2014.