Saltar ao contido

Shigeru Miyamoto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaShigeru Miyamoto

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 宮本茂 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de novembro de 1952 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Sonobe, Xapón Editar o valor en Wikidata
EducaciónKanazawa College of Art (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoVideoxogo Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndeseñador, video game developer (en) Traducir, produtor de televisión, videoartista, deseñador de videoxogos, informático teórico, produtor de videoxogos, guionista, Programador de videoxogos, deseñador de xogos Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1977 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorNintendo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeYasuko Miyamoto Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0594427 BNE: XX4429233 Musicbrainz: 1927f310-fbbc-44ad-bf1b-9dffd86e63dc Discogs: 1156500 WikiTree: 宮本-8 Editar o valor en Wikidata
Shigeru Miyamoto, no E3 2006, conducindo a súa propia orquestra no "Kodak Theatre" grazas a Wii.

Shigeru Miyamoto (en xaponés 宮本茂), nado en Sonobe-cho (Kyoto) o 16 de novembro de 1952, é un deseñador de videoxogos xaponés, creador de Mario, ademais doutras das principais franquías de Nintendo como Donkey Kong ou The Legend of Zelda. É ademais o buque insignia da compañía nipoa, un dos pais dos videoxogos complexos e está considerado como o mellor deseñador da súa rama da industria do entretemento electrónico de todos os tempos, tanto pola crítica como polos seus propios compañeiros de profesión e as súas fans.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De neno Miyamoto amaba o debuxo, pintar ilustracións e explorar a paisaxe que rodeaba a súa casa. En 1970 inscribiuse na Academia de Artes Industriais e Manuais Kanazawa Munici, onde se graduou cinco anos máis tarde, aínda que logo admitiría que os seus estudos a miúdo tomaban un lugar secundario fronte aos seus "garabatos". En 1977 Miyamoto, cunha titulación en arquitectura, conseguiu unha entrevista con Hiroshi Yamauchi, un amigo do seu pai e presidente da compañía Nintendo. Yamauchi contratou a Miyamoto como artista e colocouno como aprendiz no departamento de planificación.

En 1980, a nova rama estadounidense de Nintendo lanzou ao mercado "Radarscope", un xogo arcade do cal se pensaba que sería un éxito, pero que pola contra resultou ser un rotundo fracaso. Para manterse á boia, Nintendo América necesitaba desesperadamente un xogo arrasador. Hiroshi Yamauchi asignou a Miyamoto, a única persoa dispoñible, a tarefa de crear o xogo que levaría á compañía ao éxito ou ao fracaso.

Logo de consultar con algúns dos enxeñeiros da compañía como Smooke (Miyamoto non posuía experiencia en programación), e tras compoñer a música por si mesmo nun pequeno órgano electrónico, Donkey Kong saíu á luz.

Donkey Kong foi un éxito instantáneo. Dos tres personaxes creados para o xogo (Donkey Kong, Jumpman e Pauline), Jumpman foi o de maior éxito e desde o seu debut en 1980 apareceu en máis de 100 xogos e en máis dunha ducia de plataformas, converténdose nunha das insignias e mascotas de Nintendo e do mundo dos videoxogos en xeral.

Algo moi curioso que se debe destacar na historia de Miyamoto é o cambio do nome da súa creación: Mario. No primeiro xogo no que apareceu dito personaxe (Donkey Kong), era chamado Jumpman e á damisela que sempre estaba en perigo chamábanlle Pauline. Cando apenas Nintendo estaba florecendo en Norteamérica, o dono das oficinas da empresa chamábase Mario Segali. En honor a este, Miyamoto decidiu cambiar o nome de Jumpman, quedando finalmente como Mario para o resto de xogos nos que apareceu como protagonista, presentando tamén ao seu irmán Luigi. Pauline foi substituída máis adiante pola Princesa Peach, pero no xogo para o SNES, Yoshi´s Safari, o seu nome foi cambiado a Toadstool para a versión americana. Con todo, por mor dunha tradución trabucada en devandito xogo, a princesa recuperou o seu nome orixinal, quedando finalmente como Peach para xogos posteriores.

Un dos logros máis importantes de Miyamoto como deseñador, á parte de conseguir sacar á boia o mundo dos videoxogos con Donkey Kong, foi Super Mario 64. Trátase do primeiro xogo da historia en verdadeiras 3D, no que é posible controlar tanto ao personaxe como ao momento de vista do xogador mediante un sistema de movemento de cámaras a través de mecanismos de control especialmente deseñados no mando de Nintendo 64 para iso. A técnica do movemento de cámaras e personaxes de forma independente utilízase agora como estándar na elaboración de videoxogos con contornas tridimensionais e tense en conta á hora de deseñar os mandos das videoconsolas. Foi unha das grandes revolucións que Nintendo introduciu na industria.

Aínda que Miyamoto xeralmente é listado como produtor nos créditos dos xogos, participa directamente neles sendo responsable absoluto do seu desenvolvemento, tomando decisións sobre o camiño que estes deben seguir e pasando todas as fases de deseño e optimización polo seu visto e prace. Malia todo, apareceu como director en xogos como Super Mario 64 e como supervisor e produtor noutros como The Legend of Zelda: Twilight Princess. Entre as poucas excepcións de xogos protagonizados polos seus personaxes nos que o seu nome non figura tralo desenvolvemento, está a serie Mario Land, coa que non tivo relación algunha.

Estilo e características

[editar | editar a fonte]

Os seus títulos caracterízanse por mecánicas de control refinadas e mundos interactivos nos cales o xogador é incentivado a descubrir cousas por si mesmo, a facer traballar a súa mente e a sentirse inmerso no que fai. Moitos dos seus traballos como Super Mario Bros., Super Mario 64, Donkey Kong ou The Legend of Zelda: Ocarina of Time aparecen aínda hoxe nos primeiros postos das clasificacións de mellores títulos da historia (The Legend of Zelda: Ocarina of Time mantén o primeiro posto desde o ano do seu lanzamento, 1998, nas clasificacións anuais máis importantes). É experto en crear personaxes cun gran carisma, que todo o mundo, pertencente ou non ao mundo das videoconsolas, recoñecen (Segundo varias enquisas, nos anos 90 había máis xente no mundo que coñecía a Super Mario que a Mickey Mouse).

Actualmente é o director administrativo xeral da área de entretemento, análise e desenvolvemento de Nintendo, o sector corporativo de Nintendo Xapón, e é produtor, director e supervisor de gran cantidade de xogos da compañía.

Foi contratado por Nintendo (naquel entón como unha empresa xogueteira) como artista e en 1980 foille outorgada a tarefa de deseñar un dos seus primeiros xogos arcade. O título resultante foi Donkey Kong, o cal foi un éxito inmediato e o seu personaxe principal, Mario, foise transformado na mascota de Nintendo e nunha icona do mundo dos videoxogos en xeral. Miyamoto converteuse rapidamente no produtor estrela de Nintendo e construíu unha gran cuadra de franquías para a compañía, moitas das cales se atopan aínda en actividade e posúen gran recoñecemento.

Inimigo das prácticas estándar da industria, Miyamoto mostrouse sempre remiso a relanzar vellos títulos e de cando en cando creou unha secuela sen producir antes unha evolución importante no xogo para lograr unha experiencia fresca. Con todo, isto é menos certo na actualidade que durante o apoxeo da consola Super Famicom (Super Nintendo Entertainment System); o cada vez máis complexo desenvolvemento de xogos fixo que deba esparexerse entre varios títulos en desenvolvemento simultáneo, polo que son poucos os xogos para a consola GameCube que posuíron un auténtico brillo Miyamoto, sendo destacable a serie Pikmin e o xogo The Legend of Zelda: Twilight Princess. Malia todo, xeración tras xeración, algún dos seus traballos acaban por converterse nunha referencia para os demais desenvolvedores, ben por idear novos elementos na xogabilidade, por utilizar certo estilo gráfico ou directamente por crear un xénero ata entón descoñecido no mundo dos videoxogos.

Nos títulos máis temperáns, onde as traducións eran pobres, era listado nos créditos xeralmente como Miyahon.

Nome do Xogo Ano de Lanzamento Videoconsola Director Produtor Deseñador Notas
Donkey Kong 1981 Arcade Si - -
Donkey Kong Jr. 1982 Arcade Si - -
Mario Bros. 1983 Arcade Si - Si
Devil World 1984 Arcade - - Si
Donkey Kong 3 1984/1986 Famicom/NES Si - -
Super Mario Bros. 1985 Famicom/NES Si - Si
The Legend of Zelda 1986/1987 Famicom/NES Si Si Si
Zelda II: The Adventure of Link 1987/1988 Famicom/NES - Si -
Super Mario Bros.: The Lost Levels 1986 Famicom/NES Si - -
Super Mario Bros. 2 1988/1992 Famicom/NES - - Si redeseño de Doki Doki Panic!
Super Mario Bros. 3 1988/1990 Famicom/NES Si - - co-director
F-Zero 1990/1991 Super Famicom/Super NES - Si -
Super Mario World 1990/1991 Super Famicom/Super NES - Si -
The Legend of Zelda: A Link to the Past 1991/1992 Super Famicom/Super NES - Si -
Super Mario Kart 1992 Super Famicom/Super NES - Si -
Mario Paint 1992 Super Famicom/Super NES - Si -
Wave Race 1992 Game Boy - Si -
The Legend of Zelda: Link's Awakening 1993 Game Boy - Si -
Star Fox 1993 Super Famicom/Super NES - Si -
Super Mario All-Stars 1993 Super Famicom/Super NES Si Si -
Yoshi's Safari 1993 Super Famicom/Super NES - Si -
Kirby's Adventure 1993 Famicom/NES - Si -
Donkey Kong 1994 Game Boy - Si -
Stunt Race FX 1994 Super Famicom/Super NES - Si -
Killer Instinct 1994 Super Famicom/Super NES - Si -
Super Mario World 2: Yoshi's Island 1995 Super Famicom/Super NES - Si -
Mole Mania 1996 Game Boy - Si -
Super Mario RPG 1996/1997 Super Famicom/Super NES - Si -
Super Mario 64 1996/1997 Nintendo 64 Si Si -
Wave Race 64 1996/1997 Nintendo 64 - Si -
Mario Kart 64 1996/1997 Nintendo 64 - Si -
Star Fox 64 1997 Nintendo 64 - Si -
Yoshi's Story 1997/1998 Nintendo 64 - Si -
1080° Snowboarding 1998 Nintendo 64 - Si -
F-Zero X 1998 Nintendo 64 - Si -
The Legend of Zelda: Ocarina of Time 1998 Nintendo 64 Si Si -
F-Zero Expansion Kit 1999 Nintendo 64DD - Si -
Mario Artist 1999 Nintendo 64DD Si Si -
Mario Party 1999 Nintendo 64 - - - Supervisor
Super Smash Bros. 1999 Nintendo 64 - Si -
The Legend of Zelda: Majora's Mask 2000 Nintendo 64 - Si -
Paper Mario 2001 Nintendo 64 - Si -
Super Mario Advance 2001 Game Boy Advance - Si -
Wario Land 4 2001 Game Boy Advance - Si -
Luigi's Mansion 2001 GameCube - Si -
Wave Race: Blue Storm 2001 GameCube - Si -
Mario Kart: Super Circuit 2001 Game Boy Advance - Si -
Pikmin 2001 GameCube - Si -
Super Smash Bros. Melee 2001 GameCube - Si -
Super Mario World: Super Mario Advance 2 2002 Game Boy Advance - Si -
Doshin the Giant 2002 GameCube - Si -
Eternal Darkness: Sanity's Requiem 2002 GameCube - Si -
Super Mario Sunshine 2002 GameCube - Si -
Yoshi's Island: Super Mario Advance 3 2002 Game Boy Advance - Si -
Metroid Prime 2002 GameCube - Si -
Star Fox Adventures 2002 GameCube - Si -
The Legend of Zelda: The Wind Waker 2002/2003 GameCube - Si -
F-Zero GX 2003 GameCube - Si -
Mario Golf: Toadstool Tour 2003 GameCube - Si -
F-Zero GP Legend 2003/2004 Game Boy Advance - Si -
Donkey Konga 2003 GameCube - Si -
Pac-Man Vs. 2003 GameCube - Si Si
The Legend of Zelda: Four Swords Adventures 2003 GameCube - Si -
Mario & Luigi: Superstar Saga 2003 Game Boy Advance - Si -
Metroid Prime 2: Echoes 2004 GameCube - Si -
Pikmin 2 2004 GameCube - Si -
Paper Mario: The Thousand-Year Door 2004 GameCube - Si -
Donkey Kong Jungle Beat 2004 GameCube - Si - Produtor Xeral
Mario VS. Donkey Kong 2004 Game Boy Advance - Si -
Super Mario 64 DS 2004 Nintendo DS - Si -
The Legend of Zelda: The Minish Cap 2004 Game Boy Advance - Si -
Star Fox: Assault 2005 GameCube - Si -
Geist 2005 GameCube - Si -
Nintendogs 2005 Nintendo DS - Si - Produtor Xeral
Mario Kart DS 2005 Nintendo DS - Si -
Mario vs. Donkey Kong 2: March of the Minis 2006 Nintendo DS - - -
New Super Mario Bros. 2006 Nintendo DS - - - Supervisor
Wii Sports 2006 Wii - Si - Produtor Xeral
The Legend of Zelda: Twilight Princess 2006 GameCube/Wii - Si - Comezou como director e logo comparteu traballo con Eiji Aonuma que é o director final do xogo.
Super Mario Galaxy 2007 Wii - Si - Concepto do xogo, produtor e a cargo do deseño de son.
Wii Fit 2007 Wii - Si - Concepto do xogo e produtor.