Sendinés
Sendinés Sendinés, sendinês | ||
---|---|---|
Outros nomes: | mirandés do sur, mirandés de l sul, mirandês do sul | |
Falado en: | Portugal | |
Rexións: | Sendim e Atenor, Miranda do Douro | |
Total de falantes: | 2 000 | |
Familia: | Lingua mirandesa | |
Categoria (fontes): | [1] | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Sendim e Atenor | |
Regulado por: | Instituto da Lingua Mirandesa, Asociación da Lingua e Cultura Mirandesa | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
O sendinés[2] (en mirandés: sendinés,[3] portugués: sendinês[4]), por veces referido polo nome mirandés do sur[5] (en mirandés: mirandés de l sul, en portugués: mirandês do sul), é unha variedade da lingua mirandesa, falada na aldea de Sendim, actualmente organizada como Sendim e Atenor.[6]
Distínguese daquela lingua por monotongar os ditongos crecentes ie e uo en i e u (como tal ruodra -roda- lerase como rudra; piele -pel- lerase cumo pile), ditongar a nasal representada por on en ão (como tal preciçon -procesión- lerase como precissão) e por non palatalizar a lateral l en lh no comezo da palabra, como ocorre nas variedades lingüísticas do mirandés (como tal lhuna -lúa- é lido como luna), ademais doutras variantes lexicais.
A banda de rock agrícola Picä Tumilho, canta en sendinés.
Características
[editar | editar a fonte]- Diferente da variedade raiana, a letra l en posición inicial non sofre palatalización.
- O sufixo -on pronúnciase -ão.
- Os ditongos crecentes ie e uo pronúncianse i e u respectivamente. Como tal: ruodra pronúnciase rudra; piel pronúnciase pil).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mirandese". Ethnologue (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2019.
- ↑ Andrea Castelo Veiga. "Actualidade e vitalidade da lingua mirandesa". Fronteira Espanha-Portugal: documentação linguística e bibliográfica. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2019. Consultado o 24 de febreiro de 2019.
- ↑ Amadeu Ferreira e José Pedro Cardona Ferreira. "Sendinés". Dicionário de Mirandês-Português (en mirandés). Consultado o 24 de febreiro de 2019.
- ↑ Porto Editora (ed.). "sendinês". Infopédia (en portugués). Consultado o 24 de febreiro de 2019.
- ↑ Raposo, Eduardo B. P. et alii: “Variedades dialetais do português europeu”, en Gramática do Português. Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian, 2013, pp. 85 - 142
- ↑ Ferreira, Amadeu (2010). Revista do Festival Intercéltico, ed. "Língua Mirandesa". Casa de Trás-os-Montes e Alto Douro (en portugués).
A Galipedia ten un portal sobre: Portugal |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|