Selección de fútbol do Iemen
Iemen | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
Asociación | Asociación de Fútbol do Iemen | ||
Confederación | AFC (Asia) | ||
Código FIFA | YEM | ||
Alcume | Al-Yaman As-Sa'eed (Os iemenís ledos) | ||
Clasificación FIFA | 144 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Sami Hasan Al Nash | ||
Máis encontros | Ala Al-Sasi (87) | ||
Máximo goleador | Ali Al-Nono (30) | ||
Estrea internacional Malaisia 3 – 2 Iemen Kuala Lumpur, Malaisia; 8 de setembro de 1990 Como Iemen do Norte Sudán 9 – 0 Lahej O Cairo, Exipto; 2 de setembro de 1965 | |||
Maior vitoria Iemen 11 − 2 Bután Kuwait, Kuwait; 18 de febreiro de 2000 | |||
Maior derrota Arabia Saudita 7 – 0 Iemen Jeddah, Arabia Saudita; 6 de setembro de 1965 | |||
Copa Asiática | |||
Participacións | 1 (primeira en 2019) | ||
Mellor resultado | Fase de grupos (2019) |
A selección de fútbol do Iemen (en árabe: منتخب اليمن الوطني لكرة القدم) é o equipo representativo do Iemen nas competicións oficiais deste deporte. A súa organización está a cargo da Asociación de Fútbol do Iemen (الاتحاد اليمني لكرة القدم), pertencente á Confederación Asiática de Fútbol (AFC) e á FIFA. Antes de 1990, cando o país estaba dividido en Iemen do Norte e Iemen do Sur, existían dúas seleccións nacionais, unha por país. Após a unificación, o equipo do Iemen está considerado como o herdeiro da selección do Norte. Pese a ser o quinto país máis poboado de Oriente Medio, e a pesar dos éxitos obtidos en categorías sub-17, sub-20 e sub-23, o Iemen non acadou os mesmos logros que países menos poboados como os Emiratos Árabes Unidos, Omán, Qatar, Siria ou Xordania.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil do Iemen na páxina web da FIFA Arquivado 21 de xullo de 2020 en Wayback Machine.