Sebastián de Ocampo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1460 Noia, España |
Morte | 1514 (53/54 anos) Sevilla, España |
Actividade | |
Ocupación | explorador |
Sebastián de Ocampo, nado en Noia en 1460 e finado en Sevilla en 1514, foi un navegante e explorador galego que participou na segunda viaxe de Cristovo Colón.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi o primeiro navegante que circunnavegou a illa de Cuba no ano 1508 tras un encargo que lle fixo o gobernador de Santo Domingo para saber se Cuba era unha illa e se podía colonizar. Dende Santo Domingo partiu con dous barcos, navegou o longo da costa setentrional de Cuba, recalou na Habana, e tras dobrar o cabo de San Antonio volveu ó seu punto de destino polo sur da illa, comprobando así que Cuba era unha illa moi grande e fértil habitada por xente moi acolledora.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mira Caballos, Esteban (1996). "En torno a la expedición de Sebastián de Ocampo a la Isla de Cuba (1506)". Revista de Indias 56 (206): 199–205. ISSN 0034-8341.
- Mena-García, Carmen (2012). "Aquí yace Sebastián de Ocampo, que Dios perdona (perfil biográfico de un mercader indiano)". Anuario de Estudios Americanos (Sevilla) (69-2): 535–568.