Sarri, Sarri
«Sarri, Sarri» | ||
---|---|---|
canción de Kortatu | ||
do álbum Kortatu | ||
Lanzamento | 1985 | |
Formato | {{{formato}}} | |
Gravada | 1985 | |
Xénero musical | ska | |
Lingua(s) | {{{lingua}}} | |
Duración | 4:07 | |
Discográfica | Oihuka | |
Produtor(es) | ||
Escritor(es) | ||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"Sarri, Sarri" é unha canción en éuscaro do grupo Kortatu, posiblemente a máis soada do grupo. A letra é de Lurdes e Josu Landa sobre a música de "Chatty, Chatty", do grupo xamaicano Toots and the Maytals, composta por Frederick "Toots" Hibbert. Na canción colaborou Ruper Ordorika. É a segunda canción da cara B do disco Kortatu.
A letra foi escrita en 1985 por mor da fuga da prisión de Martutene (Guipúscoa), o 7 de xullo dese ano, de dous presos condenados pola súa pertenza a ETA, agachados en senllos altofalantes tras un concerto do cantautor Imanol Larzabal. Tratábase de Iñaki Pikabea, Piti, e de Joseba Sarrionandia, Sarri, este último escritor de renome no campo da literatura vasca cuxo alcume dá título á canción.
A letra da canción foi encirrada case vinte anos máis tarde pola Asociación de Vítimas do Terrorismo para promover un boicot a Fermin Muguruza, cantante que noutro tempo fora membro do trío Kortatu. A AVT terminou denunciando a Fermín por tocala en varios concertos.