Sarasadat Khademalsharieh
(2017) | ||||||||||||||||||||
Nome orixinal | (fa) سارا سادات خادم الشریعه | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | ||||||||||||||||||||
Nacemento | 10 de marzo de 1997 (27 anos) Teherán (Irán) | |||||||||||||||||||
Relixión | Xiísmo | |||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||
Ocupación | xadrecista | |||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Irán (–2023) España (2023–) | |||||||||||||||||||
Deporte | xadrez | |||||||||||||||||||
Título de xadrecista | Mestra FIDE (pt) (2008) Mestra Internacional Femenina (2011) Gran Mestra Feminina (2013) Mestre Internacional (2015) | |||||||||||||||||||
Puntos ELO (màx.) | 2.494 (2020)< | |||||||||||||||||||
Identificador FIDE | 12512214 | |||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||
Participou en | ||||||||||||||||||||
2018 | Women's Chess Olympiad 2018 (en) | |||||||||||||||||||
2016 | Women's Chess Olympiad 2016 (en) | |||||||||||||||||||
2014 | Women's Chess Olympiad 2014 (en) | |||||||||||||||||||
2012 | Women's Chess Olympiad 2012 (en) | |||||||||||||||||||
Familia | ||||||||||||||||||||
Cónxuxe | Ardeshir Ahmadi |
Sarasadat Khadem al-Sharieh (en persa: سارا خادم), nada en Teherán o 10 de marzo de 1997, tamén coñecida como Sara Khadem, é unha xadrecista iraniano-española que posúe os títulos de Mestra Internacional (IM) e Gran Mestra (WGM).[1]
Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Khademalsharieh era seguidora de diversos deportes como o tenis e o baloncesto. Tras ser introducida no xadrez aos oito anos por un compañeiro da escola, pediulle aos seus pais que a inscribisen a clases de xadrez. Malia os seus pais non xogaren xadrez, Khademalsharieh afirmou que a apoiaron. Tamén mencionou que un dos seus amigos lle presentou a Khosro Harandi, Mestre Internacional iraniano (IM) e adestrador, o que foi un paso decisivo no avance da súa carreira.[2][3] Xa na adolescencia, o seu adestrador foi Robin van Kampen, Gran Mestre (GM) holandés.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Khademalsharieh gañou o Campionato Asiático Feminino Sub-12 en 2008,[5] o Mundial Feminino Sub-12 en 2009,[6] o Campionato Asiático Feminino Sub-16 de Xadrez Rápido en 2012[7] e o Mundial Feminino Sub-16 de Xadrez Rápido en 2013.[8] En 2014 foi subcampioa no Mundial Xuvenil Feminino.[9]
Khademalsharieh co equipo iraniano nas Olimpíadas de Xadrez de 2012, 2014 e 2016.[10] En xaneiro de 2020 anunciou que renunciaba a seguir competindo co equipo nacional,[11] aínda que volveu ao equipo en maio.[12]
Gañou o campionato feminino de Irán de 2015, celebrado en xaneiro de 2016.[13]
Khademalsharieh clasificouse para o Grand Prix Feminino da FIDE de 2015–16 como convidada da cidade anfitrioa tras gañar un xogo clasificatorio contra Atousa Pourkashiyan en Teherán.[14] Na fase do Grand Prix que tivo lugar na capital iraniana era a xogadora coa menor puntuación no ranking. Con todo, acabou en segundo lugar[15] e conseguiu a primeira norma para o título de Gran Mestra.[16]
Competiu no Mundial Feminino de Xadrez de 2017, mais foi eliminada na primeira rolda por Sopiko Guramishvili.[17]
En 2018 foi subcampioa no Mundial de Xadrez Rápido Feminino e no Mundial Feminino de Xadrez "Blitz", celebrados en San Petersburgo.[18]
Gañou o Campionato Feminino de España de Xadrez de 2023, celebrado en Marbella.[19]
Vida privada
[editar | editar a fonte]En setembro de 2017 Khademalsharieh casou co presentador e director de cine iraniano Ardeshir Ahmadi.[20] O seu marido tamén posúe pasaporte canadense.[3] Teñen un fillo en común.[21][22]
Protesta contra o hijab
[editar | editar a fonte]En decembro de 2022 Khademalsharieh decidiu non poñer hijab durante o Mundial de Xadrez Rápido e os Campionatos de Xadrez Blitz. As mulleres iranianas teñen a obriga de levalo en público, mesmo no estranxeiro, aínda que moitas deportistas decidiron non facelo no contexto das protestas pola morte de Mahsa Amini.
Despois dos campionatos, Khademalsharieh comprou unha casa en España e planeou trasladarse alí coa súa familia.[21][23] En xaneiro de 2023 mudouse ao sur de España cun visado de residencia asociado á propiedade da súa vivenda. Ese mes Irán emitiu unha orde xudicial de arresto contra ela.[24][25] En xullo de 2023 obtivo a cidadanía española e transferiuse a súa ficha da federación de Irán á de España.[26][27]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Title Application" (PDF). FIDE (en inglés).
- ↑ Olympiad Tromsø 2014 - A quick chat with Sarasadat Khademalsharieh (en inglés). 12 de agosto de 2014.
- ↑ 3,0 3,1 "Khadim al-Sharia: My comparison with the throne was not correct". Khabar Online (en persa).
- ↑ Iran's no.1 Sara Khadem's Hollywood love story! (en inglés). 08 de outubro de 2018.
- ↑ "Asian Youth Championship in Teheran". ChessBase (en inglés). 24 de xullo de 2008. Consultado o 9 de setembro de 2024.
- ↑ "WORLD YOUTH CHESS CHAMPIONSHIP 2009 (U12G)". Chess-Results (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2024.
- ↑ "Asian Youth Blitz Chess Championship 2012". Chess-Results (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2024.
- ↑ "WYCC U16 Girls Blitz". Chess-Results (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2024.
- ↑ Shah, Sagar (20 de outubro de 2014). "Lu Shanglei, Goryachkina win World Juniors 2014". ChessBase (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2024.
- ↑ "Women's Chess Olympiads - Sarasadat Khademalsharieh". OlimpBase (en inglés).
- ↑ "Sara Khadem bids farewell to Iran chess national team". Tehran Times (en inglés) (Teherán). 13 de xaneiro de 2020. Consultado o 12 de setembro de 2024.
- ↑ "بازگشت آرامش به شطرنج با تغییر مدیریت/ ماههاست تمرین جدی ندارم" (en persa). Consultado o 12 de setembro de 2024.
- ↑ "Iran Women Final Chess Championship 2015". Chess-Results (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2024.
- ↑ "Qualification Match for FIDE Women GrandPrix 2015 October 2015 Iran FIDE Chess Tournament report". FIDE (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2024.
- ↑ l'Ami, Alina (28 de febreiro de 2016). "Tehran WGP Final: Ju Wenjun is gold, Sara is silver". ChessBase (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2024.
- ↑ l'Ami, Alina (22 de febreiro de 2016). "Dzagnidze stumbles, Zhao advances". ChessBase (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2024.
- ↑ Houska, Jovanka (15 de febreiro de 2017). "Controversy, Few Surprises In Women's World Champs Round 1". Chess.com (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2024.
- ↑ Crowther, Mark (26 de decembro de 2018). "World Rapid and Blitz Championships 2018". The Week in Chess (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2024.
- ↑ "Spanish Championship: Iturrizaga and Khademalsharieh claim titles". FIDE (en inglés). 22 de outubro de 2023. Consultado o 12 de setembro de 2024.
- ↑ Iqbal, Razia (14 de febreiro de 2023). "Sara Khadem: Top Iran chess player exiled for refusing headscarf". BBC (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2024.
- ↑ 21,0 21,1 McClain, Dylan Loeb (30 de decembro de 2022). "After Competing Without a Hijab, a Top Iranian Chess Player Won’t Return Home". The New York Times (en inglés) (Almati). Consultado o 12 de setembro de 2024.
- ↑ García, Leontxo (29 de decembro de 2022). "After playing without a hijab in a world championship, Iranian chess star defects to Spain". El Pais (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2024.
- ↑ Kassam, Ashifa (29 de decembro de 2022). "Iranian chess player ‘moving to Spain’ after competing without headscarf". The Guardian (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2024.
- ↑ Rodríguez, Elena (16 de febreiro de 2023). "Iranian chess player in exile has no regrets about removing hijab". Reuters (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2024.
- ↑ "Chess: On the day Sara Khadem met Spanish Prime Minister, an arrest warrant was issued against her in Iran". The Indian Express (en inglés). 15 de febreiro de 2023. Consultado o 12 de setembro de 2024.
- ↑ "Iranian chess player who removed hijab gets Spanish citizenship". Reuters (en inglés) (Madrid). 27 de xullo de 2023. Consultado o 12 de setembro de 2024.
- ↑ "FIDE Player transfers". FIDE (en inglés).