Saltar ao contido

San Xosé, Pontevedra

San Xosé
Escultura á liberdade.
ConcelloPontevedra[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°25′37″N 8°38′37″O / 42.426944444444, -8.6436111111111
Entidades de poboación3[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xosé é unha parroquia do concello de Pontevedra. Consta de tres lugares: Mollavao, A Ruibal e San Brais.[2]

Atópase no sur-suroeste do casco urbano de Pontevedra. Está limitado ao norte pola avenida de Augusto García Sánchez e polo río dos Gafos. Ao sur pola autovía PO-10. Ao leste pola rúa do Alcalde Hevia. E ao oeste pola Avenida de Marín.

O pazo de Campolongo, situado onde hoxe se atopa a rúa Iglesias Vilarelle, trasladouse á Casa de Campo de Madrid a mediados do século XX. Nos terreos do conde de Leis creouse un campo de fútbol, mais en 1918 construíuse o cuartel de artillaría de Campolongo, desmantelado a comezos do século XXI para construír o complexo administrativo de Campolongo, que alberga a delegación da Xunta de Galicia, a Axencia Tributaria e varios edificios residenciais.

Ata a década de 1950 o barrio albergaba a estación de ferrocarril da cidade onde hoxe está a praza de Galicia. Ó mudarse esta, e coa construción do complexo militar de Pontevedra neste barrio, impulsouse a construción do Polígono de Campolongo cun parque central, a igrexa de San Xosé e o CEIP Campolongo. Hoxe, o sur da parroquia está ocupada por urbanizacións de vivendas unifamiliares.

O barrio de San Brais, cunha capela dedicada a este santo, foi e segue sendo unha aldea grande. A capela do mesmo nome foi construída cara aos séculos XVIII-XIX. Nos anos 90, San Brais cambiou de aspecto mercé á urbanización de chalés na súa parte baixa, e á construción dun hipermercado na parte alta.

Mollavao era o barrio mariñeiro da parroquia, á beira dos ríos Lérez e Gafos. A partir dos anos 50 a súa fachada marítima mudou coa construción da autovía Marín-Pontevedra pola costa. Cara á década de 1970 as casas mariñeiras demoléronse, e construíronse altos edificios. Na década de 1980 o barrio viuse partido pola construción da AP-9.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de San Xosé

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de San Xosé no concello de Pontevedra

Mollavao | A Ruibal | San Brais


Parroquias de Pontevedra

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pontevedra

Alba (Santa María) | Bora (Santa Mariña) | Campañó (San Pedro) | A Canicouva (Santo Estevo) | Cerponzóns (San Vicente) | Lérez (San Salvador) | Lourizán (Santo André) | Marcón (San Miguel) | Mourente (Santa María) | Ponte Sampaio (Santa María) | Pontevedra | Salcedo (San Martiño) | San Xosé (San Xosé) | Santa María de Xeve (Santa María) | Tomeza (San Pedro) | Verducido (San Martiño) | A Virxe do Camiño de Pontevedra | Xeve (Santo André)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]