Saltar ao contido

San Juan, Arxentina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSan Juan, Arxentina
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Mapa
 31°32′15″S 68°32′11″O / -31.5375, -68.5364
EstadoArxentina
Provincia da ArxentinaProvincia de San Juan
Departamento da Argentina (pt) TraducirCapital (departamento de San Juan) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación471.389 (2010) Editar o valor en Wikidata (15.712,97 hab./km²)
Xeografía
Superficie30 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude640 m Editar o valor en Wikidata
Creación1562 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postalJ5400 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico264 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webmunicipiosanjuan.gob.ar Editar o valor en Wikidata

San Juan é unha cidade da Arxentina, capital da provincia homónima. Está situada no centro norte do Val do Tulum e a unha altitude de 650 msnm. É o centro administrativo e comercial do aglomerado urbano do Gran San Juan, que, para o ano 2010, contaba cun total de 471.389 habitantes e está situado entre os dez maiores aglomerados do país. Foi fundada o 13 de xuño de 1562 polo conquistador español Juan Jufré baixo o nome de San Juan de la Frontera, a través do mandato da antiga Capitanía Xeneral de Chile. A finais de 1593, Luis Jufré traslada a cidade á súa localización actual.

A súa fisonomía urbana está caracterizada por unha arquitectura contemporánea, onde destacan amplas rúas, avenidas e vereas excelentemente trazadas cunha espléndida e frondosa vexetación de árbores de distintas especies irrigadas mediante canles, sendo o motivo polo cal se coñece co sobrenome de "cidade oasis", xa que a arrodea un espazo árido. Aspecto que nace tras a destrución masiva provocada polo terremoto de 1944.

É cidade natal de Domingo Faustino Sarmiento, quen foi un destacado político, escritor, docente, e Presidente da República Arxentina, recoñecido pola súa incansable loita na educación pública arxentina.

Conta cunha importante infraestrutura de aloxamento e transporte, e nas proximidades destacan atractivos como Encoro e dique Ullum, a Quebrada de Zonda, termas, museos e é punto de partida para a Rutas do viño de San Juan.

Esta cidade foi, para agosto de 2010, sede do XXXIX Cumio de Mercosur.[1] Tamén para setembro de 2011 foi elixida sede do Campionato mundial de hóckey sobre patíns[2]

  1. "San Juan será sede de la próxima reunión Cumbre del Mercosur". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 24 de outubro de 2013. 
  2. "Confirmado oficialmente, el Mundial es en San Juan". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 24 de outubro de 2013. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.