Samuel Moore
Samuel Moore Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos (1824-1835) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de febreiro de 1774 Deerfield. Nova Jersey. |
Morte | 18 de febreiro de 1861 (87 anos) Filadelfia. Pensilvania. |
Lugar de sepultura | The Woodlands (en) |
Membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Universidade de Pensilvania. |
Actividade | |
Lugar de traballo | Washington, D.C. |
Ocupación | Político e alto funcionario. |
Descrito pola fonte | A New Nation Votes: American Electoral Returns, 1788-1825 (en) |
Samuel Moore, nado en Deerfield, Nova Jersey, o 8 de febreiro de 1774 e finado en Filadelfia o 18 de febreiro de 1861, foi un político estadounidense membro da Cámara de Representantes por Pensilvania (1818-1822) e director da Casa da Moeda dos Estados Unidos (1824-1835).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Samuel Moore naceu o 8 de febreiro de 1774 en Deerfield, no actual condado de Cumberland, Nova Jersey,[1][2] fillo dun distinguido oficial revolucionario.[3]
En 1791 graduouse en Medicina na Universidade de Pensilvania en Filadelfia,[4] na que exerceu como instrutor entre 1792 e 1794.[3] Posteriormente exerceu a medicina en diferentes lugares dos estados de Pensilvania e Nova Jersey.[1][2]
Logo de diferentes viaxes de carácter comercial polas Indias Orientais retornou a Filadelfia e adquiriu varios muíños e dedicouse á produción de fariñas e de aceite, e posteriormente ergueu un serradoiro e dedicouse ao comercio da la.[1][2]
Como membro do Partido Demócrata dos Estados Unidos foi elixido membro da Cámara de Representantes, e ocupou este posto entre o 13 de outubro de 1818 ata o 20 de maio de 1822, cando se retirou da política activa.[1][2]
O día 15 de xullo de 1924, o presidente James Monroe nomeouno director da Casa da Moeda dos Estados Unidos,[3] onde permaneceu ata o 1 de xullo de 1835. Durante o seu mandato, foi o responsable da cuñaxe do "dólar de 1804", cuñado realmente en 1834.[2]
Moore foi membro da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos reunida en 1851.[2]
A partir da súa marcha da Casa da Moeda, recuperou a súa actividade privada e dedicouse á comercialización do carbón —foi presidente da compañía Hazleton Coal Co.—, durante o resto da súa vida.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Samuel Moore estivo casado con Mary Padgett Patterson, filla do seu antecesor como director da Casa da Moeda, Robert Patterson. Pola súa vez, o seu cuñado Robert Maskell Patterson foi quen o sucedeu a el no seu posto.[2]
Samuel Moore faleceu en Filadelfia o 18 de febreiro de 1861,[2] aos 87 anos, e foi soterrado no cemiterio de Woodland.[1][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 United States Congress (1961). Páxina 1.352.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Smith, P. (2012).
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Evans, G. G. (1893).
- ↑ "Penn in the 18th Century: College Students. Classes of 1790-1799". University of Pennsylvania.
- ↑ "Samuel Moore". Fid a Grave.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Evans, G. G. (1893). "Samuel Moore, M.D.". En Illustrated history of the United States mint... G. G. Evans, Filadelfia. Páxina 102.
- Smith, P. (2012). "Moore, Samuel". En American Numismatic Biographies. Páxina 259.
- United States Congress (1961). Biographical Directory of the American Congress, 1774-1961. U.S. Government Printing Office.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Robert Patterson |
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos 1824-1835 |
Sucesor: Robert M. Patterson |
- Nados en 1774
- Finados en 1861
- Nados en Nova Jersey
- Directores da Casa da Moeda dos Estados Unidos
- Membros da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos
- Políticos do Partido Demócrata dos Estados Unidos de América
- Membros da Cámara de Representantes dos Estados Unidos de América
- Alumnos da Universidade de Pensilvania