Salep
O salep[1] (turco: salep, sahlep; persa: ثعلب, saalab'; árabe: سحلب, saḥlab'; albanés: salep; azarí: səhləb; hebraico: סַחְלֶבּּ, saḥlab; grego: σαλέπι, salépi; serbio, macedonio, búlgaro e bosníaco: салеп, salep) é unha fariña feita das cebolas de orquídeas do xénero Orchis (incluíndo as especies Orchis mascula e máis Orchis militaris). Estas cebolas conteñen un polisacárido (amidón) moi nutritivo chamado glucomanán. A fariña de salep consómese en bebidas e sobremesas, especialmente nos países que pertenceron ao antigo Imperio Otomán.
Consumo
[editar | editar a fonte]O salep foi unha bebida moi popular nas terras do antigo Imperio Otomán. O seu consumo chegou até Inglaterra e Alemaña antes do pulo do café e do té, e ofrecíase despois coma unha alternativa nas cafetarías. En Inglaterra chamábanlle daquela saloop, onde foi moi sonada nos séculos XVII e XVIII. Preparábase engadindo auga a ferver ao po de salep até espesar, despois adozábase e aromatizábase con flores de laranxeira ou auga de rosas. No século XVIII, ás veces susbtituíanse os tubérculos de orquídeas turcas orixinais por raíces de orquídeas británicas, coñecidas coma "dogstones".[2]
Hoxe en día o salep adoita facerse con leite morno no canto de auga. Fanse tamén doces coa fariña de salep coma o pudin de salep ou o dondurma (xeado de salep). A rexión turca de Kahramanmaraş é a maior produtora de salep (Salepi Maraş). A popularidade do salep en Turquía ten afectado negativamente as poboacións de orquídeas bravas; polo que hoxe en día é ilegar exportar o auténtico salep.[3] Polo tanto, moita da fariña de salep que atopamos está mesturada con saborizantes artificiais. O salep consómese tamén en Grecia, onde se adoita vender nas rúas coma bebida quente non meses de inverno. Tamén é moi popular en moitas partes de Oriente Medio, especialmente no levante. Os turcos tamén adoitan consumilo nos meses de frío.
Na Antiga Roma tamén se empregaban bulbos de orquídeas para facer bebidas, ás que chamaban de diferentes xeitos, principalmente cos nomes dos deuses Sátiro e Priapo, deuses relacionados co afrodisíaco.[4] Do salep, Paracelso escribiu: "Velaí a raíz do Sátiro, non é como as partes privadas do sexo masculino? Ninguén pode negar isto. Segundo as pescudas da maxia, revelouse que pode restaurar a virilidade e a paixón dun home".[5]
Receita
[editar | editar a fonte]- 200 ml leite desnatado
- 1 cullerada de fariña de salep (ou sucedáneo)
- ½ cullerada de fariña de arroz e ½ cullerada de amidón de pataca
(por mor de que a fariña de salep é cara, en Israel úsase amidón de millo).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O termo salep non aparece en dicionario galego ningún, polo que debe ir en cursiva polo de agora
- ↑ Davidson, p. 683.
- ↑ "Ice cream threatens Turkey's flowers". BBC News. 5 de agosto de 2003. Consultado o 9 de novembro de 2015.
- ↑ Dalby, p. 292; Theophrastus, 9.18.13; Pedanius Dioscorides, 3.126-8; Pliny the Elder, 26.95-8, 27.65; Pseudo-Apuleius, 15.3.
- ↑ Jacobi, ed., p. 122.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salep |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dalby, Andrew (2003). Routledge, ed. Food in the Ancient World: from A to Z. ISBN 0-415-23259-7.
- Davidson, Alan (1987). Oxford University Press, ed. Oxford Companion to Food. ISBN 0-19-211579-0.
- "Ice cream threatens Turkey's flowers". BBC News. 5 de agosto de 2003.
- Jacobi, Jolande, ed. (1995). Paracelsus: Selected Writings. Princeton University Press. ISBN 0-691-01876-6.
- Pedanius Dioscorides (1829). De materia medica.
- Pliny the Elder. Naturalis historia.
- Pseudo-Apuleius. Herbarium Apuleii Platonici.
- Theophrastus (1483). Historia plantarum.