Saltar ao contido

Sadako Sasaki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSadako Sasaki

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 佐々木禎子 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xaneiro de 1943 Editar o valor en Wikidata
Hiroshima, Xapón Editar o valor en Wikidata
Morte25 de outubro de 1955 Editar o valor en Wikidata (12 anos)
Hiroshima Red Cross Hospital & Atomic Bomb Survivors Hospital, Xapón (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteleucemia linfoide (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónQ11484604 Traducir
Q11484602 Traducir Editar o valor en Wikidata

WikiTree: 佐々木-22 Find a Grave: 228881912 Editar o valor en Wikidata

Sadako Sasaki (佐々木 禎子 Sasaki Sadako?), nada o 7 de xaneiro de 1943 e finada o 25 de outubro de 1955, foi unha nena xaponesa que tiña dous anos cando caeu a bomba atómica preto da súa casa en Hiroxima o 6 de agosto de 1945. A sona de Sadako procede do seu intento de completar mil grous de papel antes dela morrer, converténdose nun símbolo das vítimas inocentes da guerra.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sadako estaba na súa casa cando foi a explosión, a quilómetro e medio da Zona cero, moitos dos veciños do barrio morreron pero os seus pais e a meniña sobreviviron, Sadako medrou como unha rapaza saudable ata que en novembro de 1954 comezou a amosar síntomas de leucemia. Hospitalizada o 10 de febreiro de 1955, os médicos déronlle poucos meses de vida,[1] daquela xa se sabía que a causa fora a exposición á radiación.[2]

O 3 de agosto de 1955 a súa mellor amiga, Chizuko Hamamoto,[3] foina ver ao hospital, durante a visita fixo un grou de papel, en referencia á lenda tradicional xaponesa que promete a calquera que realice mil grous de papel pedir un desexo aos deuses, esta é a versión que conta Eleanor Coerr no libro Sadako and the Thousand Paper Cranes (1977) que tamén nos di que só puido completar 644 grous e foron os seus amigos os que fixeron os 356 restantes, malia todo nunha exhibición [4] organizada no ano 2001 no Museo Memorial da Paz de Hiroshima contábase que no remate do mes de agosto xa conseguira o seu obxectivo continuando a facer máis grous con papel que conseguía no hospital, ben de receitas de menciñas ou que lle prestaban outros doentes.

Logo da súa morte, os seus amigos e compañeiros de escola publicaron unha colección de cartas para recadar cartos para lle construír un memorial para honrar a súa memoria e a de todos os nenos que morreran polos efectos da bomba atómica. En 1958 inaugurouse unha estatua de Sadako sostendo un grou de papel no Parque da Paz de Hiroxima. No pé da estatua lese: "Este é o noso berro. Esta é a nosa pregaria. Paz no mundo."

Os grous de papel convertéronse nun símbolo da paz e no Xapón é habitual que os estudantes de primaria realicen 1000 grous de papel que envían aos nenos da bomba atómica en Hiroxima [5].

  1. Sasaki Fujiko."Come back to me again, Sadako". Consultado o 27 de abril de 2012
  2. Radiation Effects Research Foundation) "Leukemia risks among atomic-bomb survivors" Arquivado 15 de marzo de 2012 en Wayback Machine. Consultado o 27 de abril de 2012
  3. Outras fontes falan que foi un envío de veciños de Nagoya "One Thousand Paper Cranes for Peace: The Story of Sadako Sasaki" Kathryn Hawkins
  4. "Exhibición dedicada a Sadako". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2012. Consultado o 27 de abril de 2012. 
  5. Encyclopedia of Asian American Folklore and Folklife, Volume 1:ABC-CLIO (2011), páx. 629

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]