Saltar ao contido

STS-75

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-75
Lanzamento da misión STS-75.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento22 de febreiro de 1996, 20:18 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión15,74 días[6]
Obxectivo da misiónExperimentos no laboratorio USMP-3 e despregue do satélite TSS-1R.[3][6]
Regreso9 de marzo de 1996[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1996-012A

STS-75 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 22 de febreiro de 1996 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-75, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para facer experimentos no laboratorio USMP-3 e soltar o satélite TSS-1R, unido ao transbordador por un cable. TSS-1R era unha nova versión do satélite TSS-1 que voou na misión STS-46, e ao igual que na anterior ocasión o satélite fallou, rompéndose o cable e perdéndose no espazo. A tripulación estaba formada polo comandante Andrew M. Allen, o piloto Scott J. Horowitz, o comandante de carga Franklin R. Chang-Diaz e os especialistas de misión Maurizio Cheli, Jeffrey A. Hoffman, Claude Nicollier e Umberto Guidoni.[3][5][6][7]

O laboratorio USMP-3 levaba a bordo varios experimentos principais: AADSF, MEPHISTO, SAMS, OARE, ZENO e IDGE.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 9 de marzo de 1996.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 75" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 4 June 1996 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (96-4590T). 28 de xuño de 1996: 21. Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 75" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-75" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-75" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (1 de abril de 2010). "STS-73" (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]