Saltar ao contido

STS-1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-1
Lanzamento da misión STS-1
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento12 de abril de 1981, 12:00 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión2,26 días[6]
Obxectivo da misiónProba tripulada do novos sistema de lanzamento reutilizable STS.[3][6]
Regreso14 de abril de 1981[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea, California[6]
NSSDC ID1981-034A
Masa4908,0 kg[3]

STS-1 (acrónimo de Space Transportation System 1) foi a primeira misión dun transbordador espacial (o Columbia) da NASA e foi lanzado o 12 de abril de 1981 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral para levar a cabo as primeiras probas coa nova nave.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-1 foi a única misión na que unha nave que xamais antes voara foi lanzada con tripulación a bordo, asumindo o risco da perda de vidas en caso de que surxira algún problema durante o lanzamento ou o regreso. Os tripulantes, John W. Young e Robert L. Crippen, fixeron probas da nave e os seus sistemas durante o lanzamento, en órbita e durante o regreso. O conxunto de nave e foguetes lanzadores engalou a unha órbita máis elevada do planeado. O transbordador separouse sen problemas do tanque principal aos 10 minutos do lanzamento, converténdose na nave máis pesada en chegar a órbita e na primeira con ás. O voo en total durou 2,26 días (54 horas, 20 minutos e 53 segundos) e o Columbia aterrou na Base Edwards da Forza Aérea, en California, sen incidentes.[3][5][6][7]

A nave levaba a bordo as cargas DFI (Developmental Flight Instrumentation) e ACIP (Aerodynamic Coefficient Identifications Package) para rexistrar parémetros de voo (aceleración, temperaturas, presións...) e estudar o comportamento do orbitador e os foguetes lanzadores. Durante o lanzamento 16 losetas térmicas do escudo contra o calor se perderon e 148 resultaron danadas, pero o escudo estaba deseñado para soportar unha reentrada con certo número de losetas faltantes. Rexistráronse tamén danos menores debido á sobrepresión da saída dos gases dos foguetes aceleradores SRB durante o lanzamento, o que levou a utilizar un sistema de auga para suprimir as ondas de choque dos gases de escape en posteriores lanzamentos. A misión estaba planificada orixinalmente para ser lanzada o 10 de abril, pero foi atrasada por problemas co ordenador de a bordo.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 1 (OFT-1)" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 3 August 1981 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (81-21044). 18 de agosto de 1981: 2. Consultado o 22 de decembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 1" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2017. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-1 / OFT-1" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-1" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2017. 
  7. 7,0 7,1 Gabriel Okolski (31 de marzo de 2006). NASA, ed. "STS-1 History" (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]