São José dos Campos
Epónimo | Xosé de Nazaret | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | São Paulo | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 539.313 (2000) (490,39 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.099,77 km² | ||||
Altitude | 660 m | ||||
Comparte fronteira con | Monteiro Lobato (pt) Caçapava (pt) Joanópolis (pt) Igaratá (pt) Jacareí (pt) Camanducaia (pt) Sapucaí-Mirim (pt) Jambeiro (pt) Piracaia (pt) | ||||
Creación | 1767 | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | câmara municipal de São José dos Campos (pt) , (Escano: 21) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 12200-000 | ||||
Prefixo telefónico | 12 | ||||
Código de concello do Brasil | 3549904 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | sjc.sp.gov.br |
São José dos Campos é unha importante cidade industrial brasileira do estado de São Paulo. Localizada no val do río Paraíba do Sur, é considerada o maior centro de investigacións en alta tecnoloxía da América Latina, e ten industrias dos sectores automobilístico e de telecomunicacións, material bélico, metalurxia, produtos químicos, fármacos, e equipamentos eléctricos e electrónicos. É sede do maior complexo aeroespacial de América Latina.
Aí están instaladas importantes multinacionais como Philips, Panasonic, Johnson & Johnson, General Motors (GM), Petrobras, Ericsson, Monsanto e outras compañías máis.
Tamén é a sede de Embraer, coa terceira pista de avións máis longa do mundo. No sector aeroespacial destaca o Centro de Tecnoloxía de Aeronáutica (CTA), responsábel do programa aeroespacial brasileiro, o Instituto Nacional de Pesquisas Espaciais (INPE) e outros. É a sétima cidade do Estado en poboación total. Ademais, ten un comercio e uns servizos modernos e diversificados.
Segundo o estudo das Nacións Unidas de 1999, São José dos Campos foi clasificada como unha das 25 mellores cidades do Brasil en canto a calidade de vida. Coa súa alta renda per cápita, grande esperanza de vida e infraestrutura de alto nivel, é unha cidade segura, que ofrece unha gran variedade de comercios e servizos.
Historia
[editar | editar a fonte]O seu desenvolvemento comezou no século XIX coa construción do ferrocarril que uniu as cidades do Río de Xaneiro e São Paulo. Nesa época, instaláronse as primeiras industrias. Despois, na década de 1940, coa construción da Estrada Presidente Dutra, entre esas dúas cidades (pasando tamén por São José dos Campos) e, na década de 1960, coa instalación do CTA e da Embraer, a cidade tomou un grande impulso.
O grande poboamento e a pequena distancia da capital paulista atraeron máis empresas e máis xente para poboar a cidade. Hoxe, ademais da Presidente Dutra, hai tamén a Estrada Carvalho Pinto, que a une a São Paulo. A cidade comunícase tamén directamente co litoral do Estado (a cidade portuaria de São Sebastião) pola estrada dos Tamoios. A cidade posúe tamén un bo sector hoteleiro e alberga universidades, o Instituto de Tecnoloxía Aeronáutica (ITA, a primeira facultade de enxeñería aeronáutica do Brasil), moitas escolas públicas e privadas, centros de lecer e cultura, e seis centros comerciais de medio e gran tamaño.