Saltar ao contido

Rubén Sobrino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRubén Sobrino

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xuño de 1992 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Daimiel, España Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade4 de marzo de 2012 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Madrid CF
2011–2013   Real Madrid C 68(20)
2013–2014   Real Madrid Castilla 20(0)
2014–2015   Ponferradina 42(5)
2015– cesión   Girona FC
2015–2017 transferencia Manchester City
2016–2017 cesión   Deportivo Alavés
2017–2019 transferencia   Deportivo Alavés
2019– transferencia   Valencia CF
2021– cesión   Cádiz CF
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2008–2009   España sub-17 14(3)
2010–2010   España sub-18 2(0)
2010–2011   España sub-19 6(0)

Twitter: rubensobrino1 Instagram: rubensobrino19 UEFA: 250006098 Editar o valor en Wikidata

Rubén Sobrino Pozuelo, nado en Daimiel o 1 de xuño de 1992, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Cádiz, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formado como futbolista na canteira do Daimiel ED, en 2008 incorporouse ao equipo xuvenil do Real Madrid e na tempada 2012/13 debutou co Real Madrid C na Segunda División B. O 26 de maio de 2013 xogou o seu primeiro partido co Real Madrid Castilla na Segunda División, entrando como substituto de Jesé nun empate 1-1 contra o Elche.[1][2] En agosto de 2014, tralo descenso do Castilla, fichou pola Ponferradina.

No verán de 2015 foi traspasado ao Manchester City, que pagou por el uns 250.000 euros máis 200.000 en variables. Foi inmediatamente cedido ao Girona para a tempada 2015/16, e na seguinte xogou a préstamo no Alavés. Debutou na Primeira División o 16 de outubro de 2016, substituíndo ao serbio Aleksandar Katai nun partido ante o Málaga.

O 6 de xullo de 2017, o Manchester City anunciou que traspasaba definitivamente a Sobrino ao Alavés, co que o xogador asinou un contrato por catro anos. Entre 2019 e 2021 xogou no Valencia CF, fichando a continuación polo Cádiz.[3]

  1. "El Elche, campeón de Segunda". Marca (en castelán). 26 de maio de 2013. Consultado o 4 de decembro de 2024. 
  2. "El Elche se asegura el título tras empatar con el Castilla" (en castelán). 26 de maio de 2013. Consultado o 4 de decembro de 2024. 
  3. "El Cádiz CF cierra el fichaje de Sobrino" (en castelán). 30 de agosto de 2021. Consultado o 4 de decembro de 2024.