Royal Irish Constabulary
Aparencia
A Royal Irish Constabulary (RIC; en galego Policía Real Irlandesa) foi o principal corpo de policía irlandesa operativo entre 1822 e 1922. Divisións especiais dentro da propia RIC actuaban en Belfast e Derry.
Xogou un papel destacado ao servizo dos intereses británicos no Alzamento de Pascua de 1916 e na Guerra de Independencia Irlandesa (1919 - 1921). Desapareceu en 1922 substituída pola Garda Síochána no Estado Libre Irlandés e pola Royal Ulster Constabulary en Irlanda do Norte.