Rima Abdul Malak
Nome orixinal | (fr) Rima Abdul-Malak |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de febreiro de 1979 (45 anos) Beirut, Líbano |
Ministra de Cultura de Francia | |
20 de maio de 2022 – 11 de xaneiro de 2024 ← Roselyne Bachelot – Rachida Dati → Gabinete ministerial: Borne government (en) | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Premios | |
| |
Rima Abdul Malak, tamén grafada Rima Abdul-Malak, nada o 11 de febreiro de 1979 en Beirut, Líbano, é unha política de nacionalidade franco-libanesa, que desde o 22 de maio de 2022 é a Ministra de Cultura da República francesa.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Rima Abdul Malak naceu o 11 de febreiro de 1979 ,[2], no Distrito de Keserwan ao norte de Beirut,[3] nunha familia de cultura cristiá (maronita).[4]
Rima viviu no Líbano até os 10 anos e foi á escola no Colexio Notre-Dame de Jamhour.[3] Durante a Guerra civil libanesa, iniciada polo xeneral Michel Aoun en 1989, a familia Abdul-Malak abandonou o Líbano para trasladarse a Francia. Segundo o seu tío paterno, Samir Abdelmalak, «a súa casa foi atacada, e literalmente escaparon da morte. O seu pai decidiu entón marchar e instalar a súa muller e os seus tres fillos en Lyon, que el coñecía ben, despois de realizar alí os seus estudos universitarios».[5]
Formación académica
[editar | editar a fonte]Rima Abdul Malak estudou o bacharelato no Lycée International de Lyon, e iniciou os ses estudos utiversitaros no Instituto de Estudos Políticos de Lyon, onde se licenciou en 1999.[6] No ano 2000 obtivo un DÉSS (diplôme d'études supérieures spécialisées) (máster) en Desenvolvemento e Cooperación Internacional na Universidade Panthéon-Sorbonne de París.[1]
Carreira política
[editar | editar a fonte]Despois de ser directora dos programas de Clowns sans frontières (Pallasos sen fronteiras), sendo daquela xefa da división de música de Culturesfrance (actual Instituto Francés), entrou no gabinete de Christophe Girard, deputado de Cultura do municipio de París, para despois converterse en asesora cultural do alcalde de París, Bertrand Delanoë, entre 2012 e 2014.[7] Despois foi nomeada agregada cultural en Nova York.[8]
En novembro de 20193, foi nomeada asesora cultural e de comunicación do presidente Emmanuel Macron. E foi nomeada ministra de Cultura o 20 de maio de 2022 no goberno de Élisabeth Borne.[1]
Un acto en España
[editar | editar a fonte]Entre os actos de conmemoración do 50º aniversario da morte de Pablo Picasso celebrouse un que presentaron ante o Guerinca o 12 de setembro de 2022 os ministros de Cultura de Francia e de España e inauguraron despois no Museo Raíña Sofía os reis Filipe VI e Letizia, e Pedro Sánchez. «Se hai un artista que define o século XX, que represenata con toda a súa crueldade, a súa paixón, os seus excesos e as súa contradicións, é sen dúbida Pablo Picasso», dixo o titular de Cultura Miquel Iceta, ao presentar os actos do cincuatenario, e afirmou que «Picasso segue moi vivo». Para a súa colega francesa, Rima Abdul Malak, «a obra de Picasso aínda exerce unha verdadeira fascinación e todo o mundo».[9]
Condecoracións
[editar | editar a fonte]- Chevalier de l'ordre national du Mérite (2016).[10]
- Commandeur de l'ordre des Arts et des Lettres (2022), de droit en tant que ministre de la Culture.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Rima Abdul-Malak nommée ministre de la Culture", en livreshebdo.fr. Consultado o 13 de setembro de 2022.
- ↑ Pascale Vergereau (20 de maio de 2022): "PORTRAIT. Qui est Rima Abdul-Malak, nouvelle ministre de la Culture", en sur ouest-france.fr. Consultado o 13 de setembro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Sophie Akl Chedid (23 de maio de 2022): "Qui est Rima Abdul Malak?" Arquivado 11 de setembro de 2022 en Wayback Machine. en present.fr. Consultado o 13 de setembro de 2022.
- ↑ "France: Rima Abdul Malak, une franco-libanaise à la tête du ministère de la Culture". En Espace Manager. Consultado o 13 de setembro de 2022.
- ↑ Karine Ziadé (21 de maio de 2022): "La femme qui chuchote à l'oreille de Macron", en Ici Beyrouth. Consultado o 13 de setembro de 2022.
- ↑ Dahlia Girgis (20 de maio de 2022): "Rima Abdul-Malak nommée ministre de la Culture", en livreshebdo.fr. Consultado o 13 se setembro de 2022.
- ↑ "Nominations à la Mairie de Paris", en L'ADN, 5 de xuño de 2012. Consultado o 13 de setembro de 2022.
- ↑ Baudouin Eschapasse (6 de maio de 2018): "La France à l'assaut de Broadway". Le Point. Consultado o 13 de setembro de 2022.
- ↑ Lorenci, Miguel (13 de setembro de 2022). "El Año Picasso no ocultará el debate sobre los perfiles más turbios del pintor". La Voz de Galicia. Consultado o 13 de setembro de 2022.
- ↑ "Décret du 13 mai 2016 portant promotion et nomination", en www.legifrance.gouv.fr. Consultado o 13 de setembro de 2022.
- ↑ "Décret no 57-549 du 2 mai 1957 - art. 2 (V). Consultado o 13 de setembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rima Abdul Malak |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]