Saltar ao contido

Ramón Fuentes Canal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Fuentes Canal
Biografía
Nacementoc. 1908 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de decembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (27/28 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, funcionario, político Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsManuel Fuentes Canal Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 10406

Ramón Fuentes Canal, nado en Ourense cara a 1908 e finado na mesma cidade o 9 de decembro de 1936, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Avogado e funcionario de estatística. Foi vogal da directiva (1931) e despois presidente das Juventudes Socialistas de Ourense (1932), tamén presidiu a Federación de colectividades socialistas da provincia de Ourense en 1933.[1] Pertenecía ao sector da esquerda do PSOE. Foi candidato do PSOE por Ourense nas eleccións de febreiro de 1936 pero non foi elixido. En abril de 1936 foi elixido compromisario do PSOE por Ourense para a elección do novo Presidente da República. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Montederramo a principios de agosto.[2] Xulgado en Ourense por rebelión militar, foi condenado á pena de morte. Foi executado no Campo de Aragón o 9 de decembro de 1936 con 28 anos.