Saltar ao contido

Ramón Cueto Noval

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Cueto Noval
Biografía
Nacemento1858 Editar o valor en Wikidata
Asturias, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de febreiro de 1928 Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro de minas Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1775803

Ramón Cueto Noval, coñecido como Ramón del Cueto[1], nado en Asturias en 1858 e finado na Coruña o 27 de febreiro de 1928[2], foi un enxeñeiro de minas e xornalista vinculado a Galiza.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Tumba de Ramón del Cueto no cemiterio de Santo Amaro da Coruña

Pertencía ao Corpo de Enxeñeiros de Minas. Foi nomeado xefe do distrito mineiro da Coruña e Lugo, pasando a vivir na Coruña, onde fundou o Boletín de la Cámara Minera, colaborou en La Voz de Galicia, El Ideal Gallego e América-Galicia e dirixiu tamén a revista Galicia Industrial y Comercial. Foi vicepresidente do Sindicato Cámara Agrícola da Coruña, tenente de alcalde do Concello da Coruña e membro do Consejo Provincial de Fomento.

  • La minería en Galicia; A Coruña, 1910, con Antonio de Irimo.
  • Historia, situación actual y solución para su desarrollo; A Coruña, 1919.
  • Impresiones sobre la minería en Galicia; A Coruña, 1922.
  • Minería en generalidades de la geografía de Galicia; Barcelona, s.d.

Distincións

[editar | editar a fonte]
  • Foi nomeado fillo adoptivo de Ribadeo polos seus estudos e xestións e favor da minería do concello.
  • Cruz de Afonso XII.
  1. Galicia Industrial y Comercial, 23, febreiro de 1928, p. 12.
  2. El Orzán, 28-2-1928, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]