RAG2
Identificadores | |
Símbolo | RAG2 |
Símbolos alt. | RAG-2, recombination activating gene 2, recombination activating 2 |
Entrez | 5897 |
RefSeq | NP_000527 |
UniProt | P55895 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 11 : (36.58 – 36.6 ) |
A RAG2 (ou Recombination activating 2, activador da recombinación 2[1][2]), tamén chamada RAG-2, é unha proteína que nos humanos está codificada no xene RAG2 (xene activador da recombinación 2) situado no cromosoma 11.[3]
Función
[editar | editar a fonte]Este xene codifica unha proteína que está implicada na iniciación da recombinación V(D)J durante o desenvolvemento das células B e T. Esta proteína forma un complexo co produto do xene activador da recombinación 1 (RAG1) adxacente, e este complexo pode causar roturas de dobre febra ao cortar o ADN en secuencias sinal de recombinación conservadas. O compoñente RAG1 crese que contén a maioría da actividade catalítica, mentres que o extremo N-terminal do compoñente RAG2 crese que forma unha hélice de seis follas no núcleo activo que serve como armazón para a unión ao ADN na estreita asociación que establece o complexo co ADN. Un motivo de tipo dedo homeodominio de planta C-terminal desta proteína é necesario para as interaccións con compoñentes da cromatina, especificamente coa histona H3 que é trimetilada na lisina 4.
Importancia clínica
[editar | editar a fonte]As mutacións neste xene causan a síndrome de Omenn, unha forma de inmunodeficiencia combinada grave asociada con síntomas de tipo autoinmune.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ HGNC RAG2 Arquivado 23 de marzo de 2018 en Wayback Machine.
- ↑ GeneCards RAG2 (gene)
- ↑ 3,0 3,1 "Entrez Gene: Recombination activating gene 2".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Este artigo incorpora textos en dominio público procedentes da United States National Library of Medicine.
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |