Río Ibaizabal
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Europa | ||||
División administrativa | Biscaia, España | ||||
Final | |||||
División administrativa | Biscaia, España | ||||
Localización | Ría de Bilbao | ||||
| |||||
Afluentes | Río Nervión, Río Cadagua, Mañaria River (en) , Arratia River (en) , Galindo (en) , Q12254116 , Q12265278 , Asua river (en) , Río Gobela | ||||
Características | |||||
Dimensións | 43 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 1.900 km² | ||||
O Ibaizabal é un río de Biscaia, no norte de España. Etimoloxicamente ven de ibai, "río" e zabal, "ancho" en éuscaro, é dicir «río ancho».
Nace na fronteira de Biscaia con Áraba e Guipúscoa, preto de Elorrio, de varios arroios dos montes Anboto e Udalaitz, na Cornixa Cantábrica. Adóitaselle denominar Ibaizabal a partir da unión do Zumelegui e o Arrázola, que se unen no val de Axpe Achondo.
Corre en dirección noroeste polo chamado Val do Ibaizabal e atravesa o Duranguesado. Conflúe en Basauri co Nervión, un río de similar caudal e lonxitude, e xuntos corren en dirección noroeste. Á altura de Bilbao forman a ría de Bilbao (tamén chamada ría do Nervión ou do Ibaizabal), que desemboca no mar Cantábrico.
En todo o seu percorrido, fóra da súa parte alta, as súas beiras están altamente urbanizadas e industrializadas, principalmenete con industrias metalúrxicas e químicas (papeleiras) o que deteriora a calidade das augas e altera os ecosistemas propios das súas beiras ao verse canalizado e encaixonado en moitos tramos da súa canle. As reformas do saneamento melloraron moito a calidade das súas augas.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
O Ibaizábal-Nervión por Santa Isabel (Arrigorriaga).
-
Confluencia, ría e desembocadura de Nervión e Ibaizábal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ríos de Euskadi. (en castelán)