Quintela de Leirado
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | Quintela de Leirado | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 607 (2023) (19,42 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 31,26 km² | ||||
Altitude | 360 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José Antonio Pérez Cortés | ||||
Eleccións municipais en Quintela de Leirado | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32066 | ||||
Quintela de Leirado é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o Padrón Municipal, no ano 2014 tiña 651 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é quintelán.
Poboación
[editar | editar a fonte]Censo total | 651 (2014) |
Menores de 15 anos | 31 (4.76%) |
Entre 15 e 64 anos | 303 (46.54%) |
Maiores de 65 anos | 317 (48.69%) |
Evolución da poboación de Quintela de Leirado Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
2.351 | 2.242 | 1.987 | 1.463 | 831 | 751 | |||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Conta con cinco parroquias e 30 entidades de poboación. Atópase a 50 km da capital provincial.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Atópase no val do río Deva. Ten unha orografía accidentada, cunha elevada altitude media. Ó sur ten alturas superiores ós 1.000 metros nos contrafortes da serra de Leboreiro en cumios como o Penagache (1.213 metros), os Aguillóns, ou Castelo, de aspecto agreste e fortes pendentes. Ó noroeste localízanse cotos e cerros de cumios e chás de entre 700 e 900 metros de altitude, como o coto de Silva Escura ou o coto da Moura.
O río Deva, afluente do Miño, nace ó pé da serra de Penagache, en Arrotea, a 1.000 metros de altura. Posúe un trazo sinuoso con fortes pendentes, regando toda a zona.
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros poboadores foron os Coelernos, supostos habitantes do castro de Redemuíños, castro que foi romanizado.
Na idade Media a parroquia de Leirado estivo supeditada á xurisdición eclesiástica do mosteiro de San Pedro de Ramirás, mentres que as de Santa María de Leirado e Redemuíños pertencían ó señorío do marqués de Malpica.
A proclamación da Constitución de 1812 supuxo a abolición do réxime señorial e a súa substitución por unha administración municipal do territorio. Daquela creouse o concello de Redemuíños[1].
Este concello pertencía ó partido xudicial de Celanova, e que figura nos repartimentos que a deputación de Galicia, entón única, fai para distribuírlle entre os concellos, a quinta ou as contribucións. O concello de Riomuiños, aparece no repartimento de quintas que fai a dita deputación de Galicia o 7 de xullo de 1821 coa obriga de entregar 2 homes e cuarto. No repartimento da contribución territorial do 13 de setembro de 1821, coa cota de 15.408 rs. 23 ms; e no da contribución de consumos que fai a mesma deputación de Galicia o 2 de outubro de 1821, coa de 11.030 rs. 17ms[2].
A derrogación da Constitución por Fernando VII en 1823 supuxo a supresión destes municipios e a restauración do réxime señorial. A configuración parroquial modificouse en 1836 ó crearse a parroquia de Quintela de Leirado, completándose en 1893 coa de Xacebáns.
Patrimonio artístico
[editar | editar a fonte]O concello conta cun amplo número de igrexas parroquiais e pequenas capelas, que se localizan ó longo de todo o territorio. A igrexa de San Pedro de Leirado é de estilo barroco, construída entre 1600 e 1701, e que formou parte dos mosteiros de Celanova e de Ramirás[1]. Tamén en Leirado está a capela da Virxe dos Remedios, unha igrexa rural pertencente ó século XVII, que ten no interior un retablo renacentista de tipo mariano. En Redemuíños localízase o templo de San Salvador, cun retablo barroco[1].
Entre a arquitectura civil destaca o Pazo de Pedra en Leirado.
En decembro de 2021 inaugurouse en Quintela de Leirado o Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial.[3]
Comunicacións
[editar | editar a fonte]A vía de comunicación máis importante é a estrada OU-531, que une as vilas de Celanova e Cortegada, que inda que non atravesa o concello, serve de enlace cunha local que cruza o concello pola súa parte central.
Festas e tradicións
[editar | editar a fonte]Quintela de Leirado conserva as festas patronais de cada parroquia, entre elas a do Santo Cristo en Redemuíños o primeiro domingo de maio; a de Santa Isabel en Mociños o primeiro domingo de xullo; a do Apóstolo Santiago en Xacebáns o 25 de xullo; a de San Pedro de Leirado o 29 de xullo; a da Virxe do Carme en Quintela de Leirado o primeiro domingo de setembro e a dos Remedios en Leirado o 8 de setembro[1].
Quintela na literatura popular
[editar | editar a fonte]- Os probes non o ten/ i os ricos non o dan;/ quen queira sentar plaza/ saia ao Cruceiro de Erbán [4].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Quintela de Leirado.
-
Monte Laboreiro dende Redemuíños.
-
Igrexa de San Pedro de Leirado.
-
Centro de saúde.
-
Vista de Xacebáns.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Quintela de Leirado | |
---|---|
Leirado (San Pedro) | Mociños (Santa María) | Quintela de Leirado (San Paulo) | Redemuíños (San Salvador) | Xacebáns (Santiago) |
Lugares de Quintela de Leirado
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Quintela de Leirado vexa lugares de Quintela de Leirado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. XXXVII. Ed. El Progreso. 2005. pp. 190–192. ISBN 84-87804-39-X.
- ↑ "Quintela de Leirado". 2013. Consultado o 13/08/2020.
- ↑ web do Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 126. Xaquín Lorenzo di que se trata dun cruceiro preto de Quintela de Leirado, sen dar máis datos. No Nomenclátor non se recolle ningún Erbán (nin Herbán) en toda Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quintela de Leirado |