Quiksilver
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
Quiksilver | |
---|---|
Tenda de Quiksilver en Australia | |
Tipo | Privada |
Fundación | 1969 |
Localización | Huntington Beach, California, Estados Unidos |
Fundador | Alan Green John Law |
Industria | Téxtil |
Produtos | Roupa, calzado, accesorios e taboas de surf |
Beneficio neto | 107,12 millóns de USD |
Número de empregados | 7 875 |
Na rede | |
https://www.quiksilver.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Quiksilver é unha compañía australiana especializada na elaboración de material e roupa de surf, skate e snowboard.
O seu logotipo representa unha onda e unha montaña, dous dos elementos da natureza máis característicos de dous dos deportes aos que se dedica Quiksilver, o surf e o snowboard. O logo baséase na "Grande onda de Kanagawa", do pintor nipón Katsushika Hokusai.
Historia
[editar | editar a fonte]Creación
[editar | editar a fonte]Quiksilver foi creada en 1970, cando dous surfeiros, Alan Green e John Law, propuxeron quedar a vivir na localidade australiana de Torquay para comezar alí unha vida e practicar o surf. En 1969, Green producía traxes de baño (máis tarde sería Rip Curl) cun préstamo do seu pai de 2.500 dólares, e o ano seguinte el e John formarían Quiksilver.
Green e Law puxéronse a traballar xuntos no deseño de novos traxes para surfistas, traxes máis resistentes, con peches de velcro e de secado rápido, moi innovadores para a época. Tanto Green como Law probaron eles mesmos os seus traxes ante as miradas doutros surfistas que comprobaron que aquilo funcionaba. Quiksilver comezaba a labrarse un nome na zona. Jeff Hakman, un dos mellores surfistas da época, creu ver nestes traxes o futuro do surf.
Evolución da empresa
[editar | editar a fonte]No 1976 Hakman foise de Torquay co trofeo Bells e disposto a introducir e distribuír Quiksilver no mercado norteamericano. Jeff viaxou a Hawaii para reunirse con Bob “Buzz” McKnight, un viaxeiro amigo da universidade que gravaba escenas de surf. En Hawaii o novo traxe de baño tamén pegou con forza entre os habitantes da illa. Jeff convenceu a Green e a Law para que lles vendese a licenza americana de Quiksilver a el e a Bob. A mediados dos 70 xa había un centro de distribución da marca en Newport Beach (California).
En 1984 Jeff Hakman viaxou a Europa cos directores de vídeos de surf Harry Hodge, Brigitte Darrigrand e John Winship onde fundarían Quiksilver Europa coas anteriores e exitosas fórmulas de mercadotecnia americanas e australianas.
- En 1988 Quiksilver asegurouse ó campión do mundo do surf, Tom Carroll e dous anos máis tarde a un surfista afeccionado que nos anos seguintes sería o mellor surfista de todos os tempos con 8 títulos mundiais, Kelly Slater.
En 1991 fundouse Roxy, a versión feminina de Quiksilver e que correspondía tamén o nome dunha filla dun dos fundadores. Pouco a pouco Quiksilver foi deseñando e elaborando materiais de snowboard (botas, abrigos e traxes especiais para a neve) e roupa comercial orientada os fans do surf e o skate. Ademais o equipo de Quiksilver nutríase de auténticos profesionais do surf: o dobre campión do mundo Tom Carroll desenvolvía e deseñaba materiais en Australia; Bruce Raymond campión de Australia, era o director de mercadotecnia; o dez veces campión do mundo de windsurf, Robby Naish encargaríase da zona europea; Willy Morris, campión de surf de Estados Unidos, era xefe de vendas en California.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quiksilver |