Quifósidos
Aparencia
Quifósidos | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Girella fimbriata | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Subfamilies | |||||||||||
Ver o texto |
Os Quifósidos (Kyphosidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Están distribuídos polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.
Características
[editar | editar a fonte]Cabeza pequena e boca terminal. Unha aleta dorsal con entre 9 e 16 espiñas e 11 a 28 radios brandos; anal con tres espiñas e 10-28 radios brandos; pectorais pequenas e redondeadas. Caudal fendida.
As subfamilias Girellinae e Kyphosinae (excepto Graus) son herbívoros e aliméntanse principalmente de algas, mentres que o resto son carnívoros se alimentan de invertebrados bentónicos.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Divídense en 15 xéneros agrupados en 5 subfamilias:
- Subfamilia Girellinae:
- Subfamilia Kyphosinae:
- Xénero Hermosilla (Jenkins e Evermann, 1889)
- Xénero Kyphosus (Lacepède, 1801)
- Xénero Neoscorpis (Smith, 1931)
- Xénero Sectator (Jordan e Fesler, 1893)
- Subfamilia Microcanthinae:
- Xénero Atypichthys (Günther, 1862)
- Xénero Microcanthus (Swainson, 1839)
- Xénero Neatypus (Waite, 1905)
- Xénero Tilodon (Thominot, 1881)
- Subfamilia Parascorpidinae:
- Xénero Parascorpis (Bleeker, 1875)
- Subfamilia Scorpidinae:
- Xénero Bathystethus (Gill, 1893)
- Xénero Labracoglossa (Peters, 1866)
- Xénero Medialuna (Jordan e Fesler, 1893)
- Xénero Scorpis (Valenciennes en Cuvier e Valenciennes, 1832)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quifósidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Quifósidos |