Saltar ao contido

Primeira mutación consonántica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A primeira mutación consonántica é unha lei fonética que afectou ás consoantes oclusivas do protoindoeuropeo en xermánico común (por iso tamén é coñecida polo seu nome en alemán: erste germanische Lautverschiebung) e en armenio. Actualmente, ese proceso é situado arredor do século V.

As súas modificacións son descritas polas leis de Grimm e de Verner (esta última é frecuentemente asimilada á primeira por se tratar só dun refinamento que explica algunhas excepcións non aclaradas por Grimm).

De entre as linguas xermánicas, certos dialectos meridionais da rama occidental sufriron aínda unha nova modificación fonética chamada segunda mutación consonántica, que foi a orixe do alto alemán (base do alemán estándar).


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.