Saltar ao contido

Premio Franz Kafka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Premio Franz Kafka é un premio literario de ámbito internacional que se entrega anualmente na honra ao novelista checo en lingua alemá Franz Kafka.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Foi outorgado por vez primeira en 2001. A organización corre a cargo da Sociedade Franz Kafka e o concello da cidade de Praga; está patrocinado polo Presidente do Senado checo e mais polo alcalde de Praga. Preséntase cada ano contra finais do mes de outubro, coincidindo co Día da Independencia da República Checa. O galardoado recibe 10.000 dólares estadounidenses, un diploma e unha estatua de bronce, que é unha reprodución en miniatura do monumento a Franz Kafka en Praga.

O xurado internacional está formado por Marcel Reich-Ranicki e Demetz Pedro, entre outros. Entre os criterios que debe cumprir a obra para gañar o premio, figuran "o carácter humanista e a súa contribución á tolerancia cultural, nacional, lingüística e relixiosa, o seu carácter existencial, intemporal, a súa validez humana e a súa capacidade para testemuñar o tempo presente."[1]

O galardón non está relacionado co Premio Janet Heidinger Kafka, que outorga a Universidade de Rochester nos Estados Unidos de América.

Gañadores

[editar | editar a fonte]
Ano nome Nacionalidade
2020 Milan Kundera Francia/República Checa República Checa
2019 Pierre Michon Francia
2018 Ivan Wernisch República Checa República Checa
2017 Margaret Atwood Canadá
2016 Claudio Magris Italia Italia
2015[2] Eduardo Mendoza España
2014 Yan Lianke China
2013 Amos Oz Israel
2012 Daniela Hodrová República Checa
2011 John Banville Irlanda
2010 Václav Havel República Checa
2009 Peter Handke Austria
2008< Arnošt Lustig República Checa
2007 Yves Bonnefoy Francia
2006 Haruki Murakami Xapón
2005 Harold Pinter Reino Unido
2004 Elfriede Jelinek Austria
2003 Péter Nádas Hungría
2002 Ivan Klíma República Checa
2001 Philip Roth Estados Unidos