Porsche 911
Aparencia
Porsche 911 | |
Fabricante | Porsche |
País | Alemaña |
Deseño | Ferdinand Alexander Porsche |
Montaxe | Stuttgart, Baden-Württemberg |
Período | 1964-presente |
Configuración | |
Tipo | Automóbil deportivo, Gran turismo |
Segmento | Segmento S |
Carrozaría | Cupé de 2 portas Cabriolé de 2 portas Targa de 2 portas Roadster de 2 portas |
Configuración | Motor traseiro , tracción traseira / tracción total |
Dimensións | |
Lonxitude | 4291 mm |
Anchura | 1652 mm |
Altura | 1310 mm |
Características técnicas | |
Potencia | Entre 110 e 300 CV |
Modelos relacionados | |
Relacionado | Porsche 911 GT1 Porsche 911 GT2 Porsche 911 GT3 Porsche 912 |
Antecesor | Porsche 356 |
Sucesor | Porsche 930 e Porsche 964 |
O Porsche 911 é unha serie de modelos de automóbil deportivo producida polo fabricante alemán Porsche entre os anos 1964 e 1989. Pertence ó segmento de deportivos con motor bóxer de 6 cilindros colocados na parte dianteira do coche, con tracción ás 2 rodas dianteiras e 2+2 asentos. Os primeiro motores eran de 2'0 litros, e co tempo chegaron os de 2'2 en 1969, de 2'4 en 1971, de 2'7 en 1974, de 3'0 en 1976 e 3'2 en 1983, pasando dunha potencia de 110 CV en 1964 ós 300 CV das últimas versións.
O éxito comercial da liña 911 fixo que tódolos sucesores deste modelo manteñan este nome comercial, malia ser modelos diferentes. Así, o 930, o 964, o 993, o 996, o 997 e o 991 actual, foron todos comercializados como Porsche 911.