Saltar ao contido

Pobo narragansett

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo narragansett
Martha Simon, derradeira dos narragansett, pintura ao óleo de 1857.
Poboación
Poboación total:
2 400 (década de 1990)[1]
Rexións principais:
Estados Unidos de América Estados Unidos2 400
Aspectos culturais
LinguaLingua narragansett (antigamente), inglés
RelixiónRelixión tribal tradicional e cristianismo
Grupos
relacionados
Pobo nipmuc, pobo niantic, pobo patuxet, pobo pequot, shawomet[1]

Os narragansett son un pobo indíxena algonquino orixinario de Rhode Island. No presente, os narragansett están organizados federalmente nos Estados Unidos como Tribo India Narragansett.[2] Conseguiron o seu recoñecemento federal no ano 1983.

A tribo estivo case sen terra durante a maior parte do século XX, mais adquiriu terras en 1991 na súa demanda Carcieri v. Salazar, e solicitaron ao Departamento do Interior que tomase a terra en fideicomiso no seu nome. Isto faría que as terras recentemente adquiridas fosen recoñecidas oficialmente como parte da reserva india de Narragansett, sacándoa da autoridade legal de Rhode Island. En 2009, o Tribunal Supremo dos Estados Unidos fallou contra a solicitude, declarando que as tribos que acadaran o recoñecemento federal desde a Lei de reorganización da India de 1934 non tiñan validez para ter adquirido recentemente terras tomadas en fideicomiso federal e retiradas do control estatal.

Traditionalmente, a tribo falaba a lingua narragansett, un membro da familia de linguas algonquinas. Os narragansetts falaban un "dialecto Y", semellante aos "dialectos N" dos pobos massachusett e wampanoag e mutuamente intelixibles. Outros dialectos Y inclúen o shinnecock e o pequot, falados polas tribos de Long Island e Connecticut, respectivamente. No século XVII, Roger Williams aprendeu a lingua da tribo. El documentouna na obra de 1643 A Key Into the Language of America. Nese libro, Williams chama á tribo nanhigganeuck, aínda que despois usa o termo nahigonset.

O inglés americano absorbeu unha serie de palabras prestadas do narragansett e outras linguas estreitamente relacionadas, como o wampanoag e o massachusett. Tales palabras inclúen quahog (ameixa americana), moose (alce, papoose (portabebés), pow wow, squash (cabaciña) e succotash (un prato de verduras).

A lingua narragansett extinguise completamente durante o século XX. A tribo comezou os esforzos de revitalización lingüística, baseándose en libros e manuscritos de principios do século XX e en novos programas de ensino.

  1. 1,0 1,1 Pritzker, 442
  2. "Indian Entities Recognized by and Eligible To Receive Services From the United States Bureau of Indian Affairs". Federal Register (86 FR 18552): 4636–41. 28 de xaneiro de 2022. Consultado o 22 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Pritzker, Barry M. A Native American Encyclopedia: History, Culture, and Peoples. Oxford: Oxford University Press, 2000. ISBN 978-0-19-513877-1.
  • Simmons, William S. The Narragansett. Indians of North America series. New York: Chelsea House, 1989.