Saltar ao contido

Platyrrhini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Platirrinos»)

Os platirrinos (Platyrrhini, do grego πλατυς, platys, 'chan', e ρινος, rhinos, 'nariz') ou monos do novo mundo son un parvorde que inclúe ás cinco familias de primates nativas de América Central e do Sur: Cebidae, Aotidae, Pitheciidae, Atelidae e Callitrichidae.[1] Publicacións como MSW recoñecen a existencia de 4 familias, sendo Callitrichidae considerada unha subfamilia (Callitrichinae) de Cebidae.[2] Estas cinco familias compóñense de 9 xéneros e 120 especies, o 20% das especies de primates recoñecidas.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Este clado, clasicamente considerábase integrado por só dúas familias Callitrichidae (antes Hapalidae) e Cebidae. En 1980 Rosemberg, redefiniu as familias e ampliou o seu número a cinco, tal como se clasifican no presente. Colin Groves en 2001, recoñece só catro familias situando a Callitrichidae como unha subfamilia (Callitrichinae), dentro da familia Cebidae, incluíndo os xéneros Callithrix, Saguinus, Leontopithecus e Callimico. Rylands e Mittermeier en 2009, sitúa a Callitrichidae como unha familia á parte, incluíndo adicionalmente aos xéneros Cebuella, Callibella e Mico.

Localización das familias de platirrinos dentro dos primates:

  1. Anthony B. Rylands; Russell A. Mittermeier. "The Diversity of the New World Primates (Platyrrhini): An Annotated Taxonomy". doi:10.1007/978-0-387-78705-3_2. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 01 de outubro de 2018. 
  2. Wilson, Don; Reeder, DeeAnn, eds. (2005). «Simiiformes». Mammal Species of the World (en inglés) (3ª edición). Baltimore: Johns Hopkins University Press, 2 vols. (2142 pp.). [ISBN 978-0-8018-8221-0].Wilson, D.E.; Reeder, D.M., eds. (2005). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494.