Pita (pan)
O pita é unha peza de pan mol, tradicional da cociña árabe, de forma plana e arredondada, magra e oca polo seu interior, que adoita reencherse de ingredientes diversos[1]. Áchase levemente levedado e adoita facerse de fariña triga. Consómese no Mediterráneo oriental, especialmente no Oriente Próximo. Ocasionalmente cócese nas paredes do forno, lembrando ás codias da pizza.
O pita turco, pide, case sempre leva por riba sementes de sésamo ou de Nigella e non é "oco" como moitos pans planos, senón que ten miolo.
Etimoloxicamente, o nome pita deriva da palabra grega moderna πίτα, usada para designar pastel ou pan.
Nas vodas búlgaras entrégase aos noivos, acompañado de mel e sal, e cunha serie de rituais que significan igualdade e a dozura da vida de casados.
Ingredientes
[editar | editar a fonte]Os ingredientes son fariña triga, auga, sal, fermento e aceite.
Preparación
[editar | editar a fonte]A maioría de pitas enfórnanse a altas temperaturas (232 °C), facendo que a masa en forma de círculos aplanados inche de xeito espectacular. Cando se tiran do forno, as camadas de masa enfornada fican separadas dentro de pita desinflada, o que permite que o pan se abra para formar un peto. Con todo, a pita ás veces cócese sen "petos" e chámase "pita sen peto".
Existe a pita para microondas, que se prepara humedecéndoa e quecéndoa 30 segundos no microondas ou torrador.
Uso culinario
[editar | editar a fonte]A pita pódese usar para servir mollos como hummus e taramosalata, za'atar e aceite; para envolver kebabs, gyros ou faláfel ou en forma de sándwichs e burritos; tamén con ovos e moitos outros guisados como calquera outro pan. Tamén se pode cortar e enfornar a xeito de chips crocantes de pita.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega