Pica alpina
Pica alpina Anthus spinoletta | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Anthus spinoletta (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||
Área de distribución de Anthus spinoletta
Área de cría Residente Zona de migración Área de invernada
| |||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
A pica alpina,[2] Anthus spinoletta, é unha especie de ave paseriforme da familia dos motacílidos pertencente ao xénero Anthus.[3]
É un paxaro pequeno, de entre 15,5 e 17 cm de lonxitude,[4] que cría nas montañas da rexión Holártica,[5] aínda que con distribución descontinua,[6] no sur de Europa e das zonas temperadas do sur de Asia até a China. En Galicia é escasa e só pode verse en zonas de montaña lindantes con Asturias e Castela.[5]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1758 na páxina 166 do volume 1º do seu Systema Naturae baixo o nome de Alauda spinoletta.[3]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]
- Alauda spec Linnaeus, 1758
- Alauda spinoletta Linnaeus, 1758 (protónimo)
- Anthus spinoletta petrosus (Montagu, 1798)
Subespecies
[editar | editar a fonte]Recoñécense as subespecies seguintes:[3]
- Anthus spinoletta blakistoni Swinhoe, 1863
- Anthus spinoletta coutellii Audouin, 1826
- Anthus spinoletta spinoletta (Linnaeus, 1758)
Características
[editar | editar a fonte]É un paxaro de corpo robusto de plumaxe pouco rechamante, predominantemente de cor parda escura polas partes superiores e co raiado na rexión ventral, típico das picas, falta ou é difuso, axeitada para confundirse co chan. A plumaxe invernal parécese á de Anthus petrosus (e incluso nas patas, xeralmente escuras) pero é algo máis pálida e máis parda polas partes superiores (non, gris olivácea) e a cor das inferiores é branca, con listas máis marcadas. A "cella" e as bandas alares son xeralmante máis pálidas. As plumaa rectrices externas son brancas.[4]
Fóra da época reprodutora resulta difícil de diferenciar da pica costeira (Anthus petrosus), en especial da subespecie Anthus petrosus littoralis. Nesa época o peito e o ventre teñen listas gris acastañadas e a parte superior ten manchas escuras sobre fondo gris amarronado. A permanencia da "cella" e dun anel branco nas pálpebras, permiten a identificación.[Cómpre referencia]
As plumas exteriores da cola, que son brancas coma a neve, permiten identificala cando voa. Tamén o comportamento cando voa é distintivo: a pica alpina cando é molestada voa rapidamente cara a arriba até moita altura e non se volve pousar até que voa unha boa distancia. O Anthus petrosus voa menos, preto do chan e pousa enseguida. Ademais, no inverno, esta última especie prefire vivir na beira do mar, mentres que a pica alpina prefire as augas doces.[Cómpre referencia]
Hábitat e bioloxía
[editar | editar a fonte]A especie cría en pasteiros alpinos e prados altos de montaña con praderíaas curtas e rochas, arbustos ou árbores espallados, xeralmente con algunhas zonas húmidas, moitas veces en ladeiras de montañas e tamén en zonas pedregosas con silveiras no lado leste das serras. No inverno atópase en zonas costeiras salgadas, lagoas, marismas, bordos herbosos de lagos e ríos, granxas, arrozais e outros cultivos de rega. En Europa, a posta de ovos ocorre desde finais de abril até principios de xullo. O niño é unha cunca feita de talos e follas de herba con algo de musgo incorporado e forrado de material máis fino e algúns pelos. Sitúase no chan no costado dunha marxe ou oco, xeralmente ben disimulado pola vexetación ou ás veces ao final dun túnel. Normalmente póñense de catro a seis ovos. Aliméntase principalmente de invertebrados, pero tamén toman algo de materia vexetal. A especie é principalmente un migrante de curta distancia ou altitudinal, con migracións regulares desde as altas montañas até as terras baixas no outono.[7]
Reprodúcese entre abril e xuño, podendo facer unha ou dúas niñadas.[Cómpre referencia]
Poboación
[editar | editar a fonte]En Europa a poboación reprodutora estímase entre 1,62 e 3,16 millón parellas, o que equivale a 3,23-6,32 millóns de individuos maduros. A poboción europea é un 25 % do total global, polo que unha estimación moi preliminar do tamaño da poboación mundial é de 12,92 a 25,28 millóns de individuos maduros, aínda que é necesaria unha validación adicional desta estimación. Sospéitase que a poboación é estábel a falta de probas de calquera descenso ou ameaza substancial. Estímase que a poboación europea é estábel [8]
Ameazas
[editar | editar a fonte]Nalgunhas zonas demostrouse que os animais de pastoreo teñen un impacto negativo significativo no éxito da nidificación desta especie.[9] Tamén se pensa que está ameazada polo cambio climático.[10][11] Ademais, tamén se demostrou que a expansión das pistas de esquí é prexudicial para esta especie.[12]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución extraordinariamente grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio do tamaño da área de distribución, combinado coa extensión/calidade do hábitat, que a tendencia de poboación parece ser estábel e, polo tanto, a especie non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tendencia de poboación. O tamaño da poboación é extremadamente grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerabel segundo o criterio de tamaño da poboación, por todos estes motivos o status da especie é avaliado como LC (pouco preocupante).[1]
En Galicia
[editar | editar a fonte]Distribución
[editar | editar a fonte]En Galicia habita nas montañas da metade oriental, cunha máis grande presenza nas da provincia de Ourense, habitualmente entre os 600 e os 1 600 m de altitude. A súa falta nas serras que dividen as provincias de Lugo, Coruña e Pontevedra, suponse que se debe a unha prospección incompleta.[5]
Status
[editar | editar a fonte]É sedentaria, aínda que efectúa desprazamentos altitudinais. É pouco común, aínda que pode ser abundante en zonas axeitadas.[5]
Hábitat
[editar | editar a fonte]Vive en rochedos entre matos de Vaccinium, Erica e Genista.[5]
Fenoloxía da migración
[editar | editar a fonte]Aínda que varía segundo as condicións climáticas, a especie realiza movementos de aproximación aos cumios desde primeiros de abril, comezando o descenso a zonas máis cálidas a partir de primeiros de novembro.[5]
Reprodución
[editar | editar a fonte]O período de aniñamemto vai desde finais de maio até finais de xullo.[5]
Ameazas
[editar | editar a fonte]A principal é a alteración do seu hábitat polos continuos incendios forestais.[5]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Anthus spinoletta spinoletta
-
Anthus spinoletta blakistoni
-
Marcas visíbeis na cabeza
-
En hábitat típico de cría
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 BirdLife International (2018): Anthus spinoletta na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 9 de decembro de 2021.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999): "Lista de nomes galegos para as aves ibéricas" Chioglossa 1: 121-138.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Anthus spinoletta (Linnaeus, 1758) no GBIF. Consultad o 9 de decembro de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 Svensson & Grant 2001, p. 246.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 VV.AA. 1995, p. 483.
- ↑ Bernis, F. (1971): Aves migradoras ibéricas. Vol. II, Fascículos 7-8. Madrid: Sociedad Española de Ornitología.
- ↑ Tyler 2016.
- ↑ BirdLife International (2015): "European Red List of Birds". Office for Official Publications of the European Communities, Luxembourg.
- ↑ Pavel, V. (2004): "The impact of grazing animals on nesting success of grassland passerines in farmland and natural habitats: a field experiment". Folia Zoologica-Praha 53 (2): 171-178.
- ↑ Ebenhöh, H. (2003): "Zur Bestandsentwicklung von Berg-und Wiesenpieper (Anthus spinoletta und A. pratensis) am Feldberg im Schwarzwald". Naturschutz südl. Oberrhein 4 (2003).
- ↑ Melendez, L. & Laiolo, P. (2014): "The role of climate in constraining the elevational range of the water pipit Anthus spinoletta in an alpine environment". Ibis 156 (2): 276-287.
- ↑ Caprio, E., Chamberlain, D. & Rolando, A. (2014): "Skiing, birds and biodiversity in the Alps". Proceedings of the BOU’s 2014 Annual Conference: Ecology and conservation of birds in upland and alpine habitats.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pica alpina |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pica alpina |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cramp, Stanley, ed. (1988): "Anthus spinoletta Rock Pipit and Water Pipit". En: Handbook of the birds of Europe, the Middle East and North Africa: the birds of the Western Palearctic. 5. Tyrant flycatchers to thrushes. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7508-5, pp. 393–413.
- Tyler, S. (2016): "Water Pipit (Anthus spinoletta)". En: Tyler, S. (2016): "Water Pipit (Anthus spinoletta)". En: J. del Hoyo, A. Elliott, J. Sargatal, D. A. Christie & E. de Juana, eds. Handbook of the Birds of the World Alive Volume 9. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-469-6.
- Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Silvar (2004): Guía das aves de Galicia, 2ª edición. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-9612-869-5.
- Peterson, Rogen; Mountfort, Guy e Hollom, P. A. D. (1987): Guía de campo de las aves de España y de Europa. 4ª edición. Barcelona: Omega S. A. ISBN 978-84-2820-812-3.
- Svensson, Lars e Grant, Peter J. (2001): Guía de aves. La guía de campo de aves de España y Europa más completa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2821-218-X.
- VV.AA. (1995): Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo II. Aves. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Sociedade Galega de Historia Natural. ISBN 84-8717-289-X, p. 483.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Liagzóns extrnas
[editar | editar a fonte]- Javier Blasco-Zumeta & Gerd-Michael Heinze: Ficha de Water Pipit (Anthus spinoletta) Arquivado 02 de decembro de 2014 en Wayback Machine.. En Ibercaja Aula en Red. 7 páx. Con numerosos datos e fotografías (en inglés).
- Bisbita alpino. Anthus spinoletta (Linnaeus, 1758) en Xeno-Canto.
- Petinha-ribeirinha. Anthus spinoletta (en portugués).