Perempuan Tanah Jahanam
Perempuan Tanah Jahanam | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Perempuan Tanah Jahanam |
Director | Joko Anwar |
Produtor | Shanty Harmayn Tia Hasibuan Aoura Lovenson Chandra Ben Soebiakto |
Guión | Joko Anwar |
Intérpretes | |
Música | Bemby Gusti Tony Merle Aghi Narottama |
Fotografía | Ical Tanjung |
Montaxe | Dinda Amanda |
Estudio | Rapi Films Base Entertainment CJ Entertainment Ivanhoe Pictures |
Distribuidora | Shudder Originals |
Estrea | 17 de outubro de 2019 |
Duración | 107 minutos |
Orixe | Indonesia |
Xénero | Terror |
Recadación | 71,8 billóns de Rp[1] (5,13 millóns de dólares) |
Na rede | |
Perempuan Tanah Jahanam é un filme indonesio de terror de 2019 escrito e dirixido por Joko Anwar. Está protagonizado por Tara Basro, Marissa Anita, Christine Hakim, Asmara Abigail e Ario Bayu. Perempuan Tanah Jahanam estreouse en Indonesia o 17 de outubro de 2019.[2] Foi proxectado no Festival de Cinema de Sundance o 26 de xaneiro de 2020,[3] e nos Estados Unidos a través de Shudder o 23 de xullo de 2020.[4]
Foi escollido como candidato de Indonesia para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[5]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Maya e Dini son amigas e traballan na peaxe da autoestrada. Unha noite, Maya é atacada no traballo por un home cun golok. O seu atacante di que é da aldea de Harjosari e chama a Maya por outro nome, Rahayu.
Seguindo a inscrición dunha antiga foto que mostra a Maya de nena cunha parella diante dunha gran casa, Maya e Dini viaxan á remota Harjosari para buscar a casa coa esperanza de vendela. En Harjosari atopan aldeáns fríos e suspicaces.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Tara Basro como Maya
- Marissa Anita como Dini
- Asmara Abigail como Ratih
- Christine Hakim como Misni
- Ario Bayu como Saptadi
- Zidni Hakim como Donowongso
- Afrian Aris como Banyu
- Kiki Narendra como Bambang
- Faradina Mufti como Shinta
- Abdulrahman Arief como Nano
- Muhammad Abe como Suryo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Data Penonton 2019" [Moviegoers Data in 2019]. FilmIndonesia.or.id (en indonesio). Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2019. Consultado o 26 de agosto de 2020.
- ↑ "Teaser poster for Joko Anwar's 'Perempuan Tanah Jahanam' released". The Jakarta Post. 6 de agosto de 2019. Consultado o 26 de agosto de 2020.
- ↑ "2020 Sundance Film Festival Schedule of Sunday, Jan. 26". Festival de Cinema de Sundance. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2020. Consultado o 26 de agosto de 2020.
- ↑ "Indonesian Horror Movie ‘Impetigore’ Debuts on Shudder This Week". 21 de xullo de 2020. Consultado o 19 de novembro de 2020.
- ↑ Hayati, Istiqomatul (10 de novembro de 2020). "Indonesia Resmi Ajukan Perempuan Tanah Jahanam dalam Penilaian Oscar". Tempo.co. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2020. Consultado o 10 de novembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Indonesia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perempuan Tanah Jahanam na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)