Pazo dos Duques de Braganza
Pazo dos Duques de Braganza | |
---|---|
Concello | Guimarães |
Provincia | Distrito de Braga |
Comunidade | [[Norte de Portugal Portugal]] |
Coordenadas | 41°26′48″N 8°17′28″O / 41.44659, -8.29121 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | (século XV) |
Estilo actual | Borgoñón (século XIX) |
Estado actual | romanticista |
Véxase tamén | |
Pazos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Pazo dos Duques de Braganza (en portugués: Paço dos Duques de Bragança ou simplemente Paço dos Duques) é unha pazo construído no século XV, en Oliveira do Castelo, Guimarães, por Afonso I, duque de Braganza para a súa amante, para teren unha residencia luxuosa para os dous cando este fose rei. O estilo borgoñón deste palacio reflecte os seus gustos, adquiridos nas viaxes por Europa, aínda que o aspecto actual foi recreado, de forma polémica, durante o Estado Novo (a II República portuguesa de Salazar no século XX).
Historia
[editar | editar a fonte]Foi erguido no século XV por iniciativa de Afonso I de Braganza, moi preto do castelo medieval de Guimarães de . De estilo borgoñón, ficou desocupado e en ruínas cando os duques se mudaron para o Pazo Ducal de Vila Viçosa, en Évora, período no que o edificio foi perdendo aos poucos a súa forma orixinal que, actualmente, permanece ignorada.
En 1933, durante o o goberno de António de Oliveira Salazar, foi transformado en residencia oficial do presidente, após unha campaña de restauración polémica.
Características
[editar | editar a fonte]Algunhas salas no seu interior compoñen un museo, onde destacan tapetes persas, tapices flamengos (con temática sobre as conquistas portuguesas no Norte de África) e pinturas, como o Cordeiro Pascal de Josefa de Óbidos ou o retrato de Catarina de Braganza.
En homenaxe ás proezas marítimas dos portugueses, o teito da sala de banquetes reproduce o casco virado dunha carabela.
No primeiro semestre de 2015 tivo 137.402 visitantes[1].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
O palacio en ruínas nun gravado de 1861.
-
Fachada principal.
-
Pazo visto dende o Castelo de Guimarães.
-
Patio central decorado para evento.
-
Fachada leste.
-
Teito do Salón Nobre.
-
Réplica dun dos Tapices de Pastrana.
-
Salón Nobre.
-
Sala de Armas
-
Salón de San Miguel.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pazo dos Duques de Braganza |