Pazo de Fefiñáns
Pazo de Fefiñáns | |
---|---|
Concello | Cambados |
Provincia | Pontevedra |
Comunidade | Galicia |
Coordenadas | 42°31′08″N 8°48′49″O / 42.518952, -8.8136 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | (Barroco, século XVI) |
Estilo actual | (Barroco, Post-renacentista, século XVII) |
Estado actual | en bo estado |
Véxase tamén | |
Pazos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Pazo de Fefiñáns é unha construción civil situada no barrio de Fefiñáns, en Cambados, na comarca do Salnés. Pecha polo sur e o leste a praza máis destacada desta vila, a praza de Fefiñáns. De aire clásico, integra un harmonioso conxunto coa súa arcada, torre da homenaxe e a veciña igrexa de San Bieito, ó norte.
Historia
[editar | editar a fonte]O nome provén do xenitivo dun posuidor xermánico, Fefilianis[1], de onde deriva tamén o nome da praza.
Foi construído no século XVI por Juan Sarmiento Valladares, conselleiro de Filipe II. Sufriu novos engadidos no século XVII, encargados polo primeiro vizconde de Fefiñáns, Gonzalo Valladares (1583-1659), que obtivo o Vizcondado no 1647. Sucedeuno Fernando (1616-1675), que a principios do século encargou a construción principal do Pazo. Máis tarde pasou á propiedade dos marqueses de Figueroa,[1] caso de Benito Pardo de Figueroa[2]. Na fachada do poderoso edificio pódense ver os escudos das familias nobiliarias.
No verán do 2008 procedeuse a unha limpeza e recuperación integral do edificio, tras un acordo coa Consellería de Vivenda, que incluía a apertura ao público do pazo [3]. En xuño de 2011, a Xunta de Galicia iniciou os trámites para declarar ao pazo Ben de Interese Cultural[4], dez anos despois de que o conxunto histórico de Cambados entrara nesa categoría. O proceso rematou en agosto de 2012, coa declaración do pazo como ben protexido.
Adega
[editar | editar a fonte]Dende o 1904 está documentada a existencia da súa adega, con marca rexistrada no 1928, e que a día de hoxe comercializa viño albariño baixo a marca Palacio de Fefiñanes.
Estilo
[editar | editar a fonte]O pazo conxuga elementos barrocos con outros italianos post-renacentistas.[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes do pazo de Fefiñáns.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dos documentales revelan el papel del heredero de Fefiñáns y de los condes de Maceda y San Román en los conflictos napoleónicos
- ↑ "Vivenda llega a un acuerdo para abrir al público el pazo de Fefiñáns". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 05 de outubro de 2008.
- ↑ El pazo de Fefiñáns entra en la categoría de monumentos de Interese Cultural
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pazo de Fefiñáns |