Parque Natural do Moncayo
Tipo | parque natural | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Provincia de Zaragoza, España | ||||
| |||||
Montaña considerada máxica polos celtas, romanos, árabes e cristiáns, O Moncayo ( do latín Mons Caunus polo aspecto do cumio cando está cuberto de neve), é un dos enclaves naturais máis importantes da comunidade de Aragón. Cunha altitude de 2.316 metros domina un extenso territorio e é a máxima elevación do sistema ibérico, separando as estepas do Val do Ebro e os páramos de Castela. A súa altitude e o brusco desnivel favorecen a aparición de diversos ecosistemas: dende restos de glaciares no cumio ata densos boscos de faias, carballos, bidueiros e Teixos ata praderías alpinas. Presenta dúas caras ben diferenciadas: a norte máis fría de húmida está cuberta por fragas atlánticas (grazas á influencia dos ventos do norte) e a sur de clara paisaxe mediterránea con abundancia de barrancos e de relevo agreste.
A fauna é variada: dende xabaril, corzos ou porco teixos, pasando polo voitre leonado, aguias reais, bufos e a charrela entre as aves. Os valores naturais deste contorno serviron para que se incluíra o Moncayo coma Sitio Natural de interese Nacional no 1927. Posteriormente reclasificouse coma Parque natural cunha superficie de 9.848 hectáreas englobando ó anterior Parque Natural da Devesa do Moncayo e unha serie de lugares de alto valor ecolóxico non incluídos anteriormente. Na zona destaca o Mosteiro cisterciense de Veruela.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Guía de los parques y reservas naturales de España. Francisco Santolalla. Editorial "March Editor". Ano 2004 (en castelán)